InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest
>

Crítica de Clarion


Clarion
08 May 2023
Teño que reseñar este libro coma se non fose de Rosa Montero, por que en realidade está escrito a catro mans, e isto nótase, nótase moito.

"La desconocida" trátase dunha novela curta, de misterio, escrita en tempo record por Rosa Montero e Olivier Trucc para o festival Quais du Polar. A idea da trama e os capítulos impares son obra de Rosa Montero, e os capítulos pares do escritor francés. A idea da novela pareceume moi orixinal: unha rapaza é atopada nun contenedor de mercancías, cunha amnesia total e absoluta, non lembra quen é, de onde ven, e quen a puido intentar matar, pero pouco a pouco vaise dando conta de que ten unha habilidades e uns coñecementos moi pouco habituais nunha persoa de a pé.

Os capítulos impares, enganchábanme moitísimo, afondaban na psicoloxía dos personaxes, e sobre todo da protagonista, ao estilo das novelas de Rosa Montero, sin embargo, os capítulos pares estaban cheos de clichés, e parecían sacados dunha película mala de sábado pola tarde... O final era moi obvio, e tanto eu, como a xente coa que falei que a liu, descubrimos o que pasaba casi ao comezo, o que lle quita un pouco de gracia.

De todos os xeitos foi unha novela entretida, curtiña, para ler sen máis pretensións, nos que atopas a pluma de Rosa Montero durante os seus capítulos e na idea da trama, pero que para min coxea totalmente no resto...
Comentar  Me gusta         00



Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro