InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest
>

Crítica de Iriagi


Iriagi
07 November 2021
Risas e mais risas!
Para quenes disfrutedes coa banda deseñada, traigovos Gazpacho Agridulce de Quan Zhou Wu.
Quan é a protagonista deste cómic, ela e a súa familia, asique pode dicirse que se trata dun traballo autobiográfico ilustrado.
.
Nel podemos achegarnos un pouquiño á familia Zhou quenes migraron a España nos anos 90. Quan e as súas irmáns naceron en Andalucía, polo que se atopan nunha crise identitaria por mor da pluralidade cultural. Todo isto sumado ás dificultades ideosincráticas da etapa adolescente. Porque por unha parte vense na obriga de cumplir as expectativas da familia Zhou (ou o que ben sendo a prolongación e pervivencia da cultura China) e por outra as esixencias do mundo occidental (a mal chamada "integración")
.
Quan tamén aborda as relacións interraciais e como non morrer no seu intento.
.
Trátase dun cómic en clave de humor pero creo que hai que velo con mirada crítica pois, implicitamente sinálanse actitudes racistas, como a estereotipación das persoas e cultura chinas, a exotización dos seus corpos, etc.
O recomendo moito, porque cando falamos de racismo parece que solo afecta a persoas negras, pero non hai que olvidar que as persoas de orixe asiático tamén son racializadas en europa.
.
Non quero poñerme en tono serio, porque Gazpacho Agridulce son todo risas e anécdotas! sobre unha vida agridulce, pero creo que é necesario velo con certa mirada para non caer en malinterpretaciòns.
Anímovos a seguir o traballo de Quan Zhou quen ademais publica viñetas humorísticas en El País (na versión online do periódico), ou tamén a través do seu perfíl de Instagram.
Comentar  Me gusta         00



Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro