Apoiando a miña lingua e para ir acorde co libro, creo que esta reseña debe ser en galego. O libro ten unha trama moi boa cun final inesperado, eu polo menos non o esperaba para nada, que sorprende e pon de manifesto unha vez máis que hai libros en galego que son moi bós e non teñen nada que envexarlles os de outras linguas. Si diría que a investigación me pareceu un pouco longa e pesada ou igual é porque son os capítulos moi curtos e parece que les e les e non avanzas, pero em xeral unha historia moi entretida, intrigante e gústoume. |