InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest
>

Crítica de Iriagi


Iriagi
30 August 2022
Fai 17 anos os materiais para a depilación eran moi diferentes aos que co tempo o mercado foi sumando ás "nosas necesidades e benestar". Xa nada queda desas diabólicas cuchillas que te rajaban e parecía o cuarto de baño a matanza de Texas. Estamos eternamente agradecidas (quenes podemos acceder a outros elementos para quitar pelo) A depilación tamén é un privilexio, ou entanto, a súa forma.
Sempre co 'imposto rosa' iso si, os productos destinados ao sector feminizado teñen un prezo lixeiramente maior que o do dirixido ao masculinizado. 
Se cadra as cuchillas de afeitar están cargadas de estereotipos porque tamén teñen xénero.
Maquinillas, depiladoras eléctricas de non sei cantos watios, cera fría, cera quente, cera tibia, láser, luz pulsada, cremas, decoloración, pinzas...
.
A decisión de depilarnos é libre? Cánto de libre somos cando nos depilamos?  Ben temos a potestade de dicir si queremos ou non facelo, pero desexámolo? Porqué queremos depilarnos? 
.
Nesta cápsula sobre a depilación, Bel Olid comenta que si existen consecuencias negativas cando NON o facemos e nos apremian por facelo, non se trata tanto dunha cuestión individual e persoal, senon dunha cuestión sociopolítica.
.
A autora fálanos da depilación dende unha perspectiva interseccional como acto de submisión (achegarnos aos cánones, ser persoas desexables e dispoñibles)porque é o que se espera de nós, estar o mais preto posible do umbral da feminidade.
Son 47 páxinas de nada, pero @bel_olid o di todo. E gústame moito a súa perspectiva porque é reflexiva, crítica, holística, non ven aquí en plan : es que tienes que dejar de depilarte porque el patriarcado nos extorsiona mimimimi; porque entonces no eres feminista... NO.
Decidamos facelo ou non, que sepamos que as nosas libertades son limitadas dentro dun abano de posibilidades.
Comentar  Me gusta         00



Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro