InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest
>

Crítica de Iriagi


Iriagi
18 May 2022
Que lectura tan potente! Que bofetada á fraxilidade! Madre mía, madre mía...
Neste ensaio faise un percorrido histórico arredor do pelo afro como elemento de identidade, pero tamén un dos tantos que configuran o racismo. Plasmando a relevancia cultural, política, social e económica arredor do mesmo.
O cabelo afro ten unha historia. Ao longo do tempo pasou de ser un elemento que demonizaba (da súa negación e rexeitamento), a ser un elemento de exotización (esperta curiosidades, se hipersexualiza, se cosifica e obxectualiza).
.
Laura Romero López achéganos a moitas realidades vivenciadas por persoas negras, afrodescendentes con cabelo afro e como este elemento é unha das múltiples pezas correlacionadas como valor identitario e político, non só estético. 
Añadir, que os cánones de beleza blanco e eurocéntricos hexemónicos continúan establecendo connotacións negativas arredor do pelo afro. Isto condiciona o proceso identitario, o acceso ao emprego, institucións e o cumprimento de dereitos fundamentais das persoas negras.
Antes de que saquedes a pasear a fraxilidade branca, sí, xa sei que :" no era mi intención, no es para tanto, como te pones mujer, solo es pelo!"
.
Con esta increíble lectura entenderedes que se trata de algo sistémico e estrutural.

Sí!, é racismo
Comentar  Me gusta         00



Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro