InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest
>

Crítica de Iriagi


Iriagi
02 November 2021
Helena Maleno Garzón para quenes non a coñezades é activista defensora dos dereitos humanos, periodista, investigadora especializada en trata de persoas e fundadora da organización @walkingborders_
E aquí teño entre as miñas mans Mujer de frontera: o seu primeiro libro; unha autobiografía documental que denuncia a situación migratoria na frontera sur de España.
.
A narración comeza coa policía interceptando a Maleno ás portas da súa casa en Tánger, as cales lle fan chegar unha acusación de tráfico de migrantes e de favorecer a inmigración irregular.
En realidade co que se atopa é cun dossier que criminaliza a súa labor, para o cal violaron a súa privacidade non só profesional, senon tamén persoal, con transcripcións telefónicas, fotografías e datos íntimos.
"Mis llamadas a Salvamento Marítimo cuando las pateras están en dificultades en el Mediterráneo son el elemento acusatorio de mi condición de traficante"- afirma Maleno, a pesar de ser unha investigadora recoñecida a nivel internacional.
.
Está claro que quenes a acusan o fan porque existe criminalización na defensa dos dereitos humanos, e porque hai interese na existencia da migración en condicións deplorables: "se trata de usar la legislación y las instituciones para acallar a activistas que están denunciando violaciones de derechos humanos"
.
O traballo de Helena Maleno é fascinante e aquí denuncia o que acontece na frontera, sin miramentos: asasinatos, mortes , violencia nas deportacións colectivas, o racismo institucional.
" La construcción de la frontera es tan maquiavélica que el flujo de información actúa de forma eficaz cuando se trata de control migratorio, mientras que, cuando se trata de salvar vidas en el mar, falla estrepitosamente"
.
A frontera é unha construcción política , non hai duda, donde se permiten e acontecen mortes, porque a militarización e o control fronterizo xenera cantidades económicas; para que nos entendamos, existe política na morte e son CONSENTIDAS.
.
Sen duda recomendo seguir o traballo de Maleno de cerca, e con él esta denuncia en forma de libro; un libro moi rápido de leer pero moi difícil de dixerir.
Comentar  Me gusta         00



Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro