InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest
>

Crítica de Iriagi


Iriagi
02 November 2021
El otro día papá me quería, pero hoy me mira con bolas de fuego y yo me pongo de cuclillas. Parece que mi garganta estuviera llena de paja y un palo me atravesara de lado a lado, como un tronco caído en el bosque."
.
Así comeza "Un poco de tu leche" de Lara Losada. E eu aínda teño unha man que me oprime o peito despois de todo isto.
.
Lara Losada en poucas páxinas escribe sobre o abominable e o bello, o inocente e o perigoso. Pero non vos vou a mentir, ao comezar traguei saliba e pechei o libro, non podía. Collín aire e retomei a lectura. O mesmo me pasou chegada á páxina 27 e a 45. Na 83 xa non podía respirar.
.
A pequena Jul di que o seu pai se comporta así porque está triste e enfadado e que a súa mamá era dulce e blandiña e branca coma o aldogón.  Acurrucábaa sobre o seu vientre cando facía frío. O leite da mamá de Jul sabía a xeado e ese momento era solo para elas dúas.
.
En Un poco de tu leche sabes o que está pasando sin que se nombre nada do que sucede, e hai momentos nos que dubidas de si a pequena Jul é unha nena ou unha terneira e creo que ese é o seu fuerte. Pero teño unha sensación extrana con este libro; como pode gustar algo que a súa vez te fai pausar? Algo que te atravesa e te deixa sen alento? .
Lara Losada escribiste algo áspero e insoportable, pero á vez tan fermoso e bello...como o cantar dun paxaro enxaulado. Non sei como o fixeste. .
Un poco de tu leche está narrado coa voz da pequena Jul e a súa interpretación das cousas; onde narra un duelo, sobre unha lactancia con sabor a xeado, situacións de abuso sexual e violencia psico-física, a pérdida da inocencia e a construción da propia identidade. Tamén fala de vacas.
.
Deseo coller a man da pequena Jul e decirlle que o seu pai non fai esas cousas porque estea triste e enfadado.
Comentar  Me gusta         00



Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro