InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest
>

Crítica de Chuspaixonporler


Chuspaixonporler
18 April 2023
Esta é unha novela dirixida a un público xuvenil polo que o tema que aborda faino con moita delicadeza, pero que creo que é necesario para poder falalo cos rapaces porque está a orde do día e esta historia pode ser unha boa excusa para facerlo.
▪︎
Tamén denuncia os problemas da saúde mental e os prexuízos que ainda existen e cómo non lle da a importancia que merece a algo que calquera de nos podemos sufrir nalgún momento da vida.
▪︎
Todo comenza polo suicidio de Rosa, que vai cambiar e afectar a todos os que forman parte da vila dela.
▪︎
Cada capítulo ten a perspectiva de cada un das persoas que formaban parte de día a día de Rosa: o marido, os fillos, a nai, una amiga,... de xeito que vemos como se sinte cada un co seu falecemento, qué pensa sobre o que sucedeu ou que lle puido pasar para acabar así. E sobre todo, se estivo na súa man facer algo para evitalo.
▪︎
Para mín os testemuños máis duros son os dos fillos e o marido. Non só por cómo se senten dende a perda da súa nai senon porque tamén observan que a partir dese momento o trato hacia eles é diferente, a xente non sabe qué dicirlles e senten que están a falar as súas costas sobre todo por cómo morreu Rosa algo que a eles mesmos lles costa decir. Non poden evitar os sentimentos de pérda pero tamén os de culpa por non velo a tempo.
▪︎
Ademáis da narrativa e o estilo empregado pola autora destaco a descrición dos sentimentos e as emociónns das personaxes, es perfectamente capaz de poñerte na súa pel polo que é inevitable soltar algunha bágoa.
Enlace: https://www.instagram.com/p/..
Comentar  Me gusta         10



Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro
Apreciaron esta crítica ()(1)ver más