InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest
>

Crítica de Iriagi


Iriagi
01 August 2022

Un elefante na sala de estar fala de suicidio, sí, iso nom é ningún segredo.
Dávila utiliza unha mirada poliédrica para falarnos de Rosa, profesora de instituto, quen decide rematar coa súa vida. 
O interesante é a construcción narrativa a conta da familia e amizades de Rosa, de aí que mencione esa lectura caleidoscópica. As distintas personaxes van conformando a historia de duelo, de como era Rosa antes do seu suicidio, da relación que tiñan con ela.
.
A historia de duelo é persoal e intransferible, a magnitude da dor varía, pero en todas atopamos un común denominador: sentimentos de culpa. Culpa porque consideran que podían ter feito algo por Rosa, porque non superon ver "indicios" de que algo estaba "tan mal" sucedendo dentro dela. Porqué? Silencios
Así descubre Alicia (filla da protagonista desta historia) a través da súa psicóloga que non existe un porqué, que hai moitos factores que inflúen e interactúan entre eles para que unha persoa decida poñer fin ao seu reloxo. 
Falo de Alicia porque para min é unha das persoaxes por excelencia. Unha rapaza de dezaseis anos cunhas reflexións e unha introspección moi sanadora. Agradecida.
.
Dávila non só pon sobre a mesa unha tematica tabú, tamén sube á palestra a depresión e a normalización de acudir a terapia.
Como non se menciona na sinopse, tampouco nas reseñas que falan desta obra, véxome na necesidade de facervos aviso de contido. Relátase un suceso de abuso s3xual a menores. O comento porque para min foi un choque cando cheguei  a esa parte, e creo necesario comentarvos co que vos ides atopar.
.
Segundo o INE, o suicidio é a principal causa de morte "externa",  en españa. En Europa é o principal problema de saúde pública. Pero, non estamos Obviando que se trata dunha problemática social? Non reduzcamos o suicidio a unha cuestión meramente individual, porque non o é. O suicidio é unha cuestión de estado e o estado é un lugar enfermo.
Falemos dese elefante na sala de estar. Ti tamén o ves, verdade?
Comentar  Me gusta         10



Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro
Apreciaron esta crítica ()(1)ver más