InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest
>

Crítica de Beavazquez_


Beavazquez_
03 May 2023
[GAL] Hai xa tempo que Eugenia Tenenbaum falou por primeira vez de Luisa Carnés e o marabillosa que é. E eu, que me fío moito das recomendacións desta muller, o ano pasado pedinlle aos RR.MM. o libro do que vos falo hoxe: "Tea Rooms. Mujeres obreras".
E despois de lelo eu pregúntome como puiden vivir ata agora sen coñecer a esta escritora, da que dende xa quero ler ata as súas listas da compra se é que aínda se conservan. E, sobre todo, pregúntome por que a todas nos sonan tanto apelidos como Lorca, Alberti, Aleixandre e non nos sona o nome de Luisa Carnés. E quero pensar que esta ocultación non é premeditada, pero cústame moito, porque Carnés foi igual de prolífica que os seus compañeiros de xeración e, se se chegase a espallar a súa obra como é debido, seguramente igual de relevante a nivel histórico.
Pero enfados a un lado, o que viña dicirvos con todo isto é que leades
Tea Rooms. Neste libro, que realmente está baseado nas vivencias da propia Carnés, coñecemos como é o traballo dun grupo de mulleres nun salón de té en Madrid e como estas se ven influídas polo ambiente crispante que hai debido ás revoltas de obreiros e obreiras que loitan por acadar uns dereitos laborais mínimos. A protagonista principal é Matilde, que provén dunha familia humilde e debe traballar para axudar a manter o seu fogar. Pero no salón atopamos tamén a Antonia, Marta, Laurita... Cada unha cunhas circunstancias diferentes, pero que teñen en común a dependencia dun xefe autoritario e dunha encargada que, a pesar de ser unha currela máis, ten aires de grandeza (igual que pasa na actualidade, vamos!).
Eu lía esta historia e non podía deixar de pensar na obra de teatro "As que limpan" de A Panadaría e sorprendíame ver o pouco que avanzamos no último século.

[CAS] Hace ya tiempo que Eugenia Tenenbaum habló por primera vez de Luisa Carnés y lo maravillosa que es. Y yo, que me fío mucho de las recomendaciones de esta muller, el año pasado le pedí a los RR.MM. el libro del que os hablo hoy: "Tea Rooms. Mujeres obreras".
Y después de leerlo yo me pregunto cómo pude vivir hasta ahora sin conocer a esta escritora, de la que desde ya quiero leer hasta sus listas de la compra si es que aún se conservan. Y, sobre todo, me pregunto por qué a todas nos suenan tanto apellidos como Lorca, Alberti, Aleixandre y no nos suena el nombre de Luisa Carnés. Y quiero pensar que esta ocultación no es premeditada, pero me cuesta mucho, porque Carnés fue igual de prolífica que sus compañeros de generación y, si se llegase a difundir su obra como es debido, seguramente igual de relevante a nivel histórico.
Pero enfados a un lado, lo que venía a deciros con todo esto es que leáis Tea Rooms. En este libro, que realmente está basado en las vivencias de la propia Carnés, conocemos como es el trabajo de un grupo de mujeres en un salón de té en Madrid y cómo estas se ven influidas por el ambiente crispante que hay debido a las revueltas de obreros y obreras que luchan por conseguir unos derechos laborales mínimos. La protagonista principal es Matilde, que proviene de una familia humilde y debe trabajar para ayudar a manter su hogar. Pero en el salón encontramos también a Antonia, Marta, Laurita... Cada una con unas circunstancias diferentes, pero que tienen en común la dependencia de un jefe autoritario y de una encargada que, a pesar de ser una currela más, tiene aires de grandeza (igual que pasa en la actualidad, ¡vamos!).
Yo leía esta historia y no podía dejar de pensar en la obra de teatro "As que limpan" de A Panadaría y me sorprendía ver lo poco que avanzamos en el último siglo.
Comentar  Me gusta         10



Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro
Apreciaron esta crítica ()(1)ver más