InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest
>

Crítica de maruxinha1983


maruxinha1983
10 February 2022
Pedro está a piques de casar con María, pero teñen un problema... María é de Vilariño e el de Vilameán, ao ser de diferentes pobos un deles terán que ceder as súas terras ao mosteiro.... Esa era a lei. Así era a situación da Galicia do século XV, onde o territorio estaba en poder da Igrexa e da Nobreza.

A sociedade galega, sobre todo a rural, estaba chea de impostos, tanto polo que colleitaban, como por morrer e mesmo nacer, por pasar por unha ponte que pertencía ao señor feudal. A isto hai que sumarlle que as colleitas non daban, polo tanto morrían de fame. Esta situación era insostible, así que formaron as Irmandades. Estas, co apoio dunha parte da Igrexa e duns nobres da baixa "alcurnia" lograron derribar as fortalezas dos señores feudais sen derramar nada de sangue, non mataron a ningún nobre, simplemente estes liscaron a outras terras.
Todo isto ven reflexado nesta novela, é moi sinxela de ler, e apréndese moito de todos os personaxes históricos da Galicia Medieval que formaron parte de esta revolta. Céntrase moito no acontecemento histórico e non tanto na vida dos seus personaxes.
Recomendado a aqueles que queren aprender algo de historia de Galicia, concretamente da Revolta Irmandiña
Comentar  Me gusta         20



Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro
Apreciaron esta crítica ()(2)ver más