InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest
>

Crítica de Iriagi


Iriagi
30 April 2022
Un día Sofía debuxando con F, estaban falando de pasarse as cores. Nun momento dado F pediulle a Sofía que lle dera a cor carne, e ambas sinalaron a cor carne que todas estamos pensando. Si, nese preciso momento decidin intervir e ensinarlles que a cor carne era a cor pel, e a que elas colleran non se correspondía coas súas. Comezaron a rirse como si acabaran de descubrir un mundo novo.
Entonces, chegou ela, a xenialísima @desireebelal con Color Carne, ilustrado pola artista @iamlydiamba. E por suposto o super regalazo de tía Carla polo Día do Libro!
Que pese a que expliquemos unha e outra vez, ter o conto como ferramenta mola moito mais.

En Color carne, as nenas e nenos teñen que debuxar as súas respectivas familias no primeiro día de escola. Cor carne está alegre porque cree que todas as crianzas a van a utilizar, exclusivamente. Nada diso sucede e Desirée o conta dunha maneira amable e lóxica. Hai moitos color carne ao igual que moitas tonalidades de azul ou verde... basta con mirar ao noso redor.
Asique, unha soa cor non sirve para representar a todas as persoas.
.
Cor carne representa a normatividade (persoas blancas) en deconstrucción. Cor carne decide saír ao mundo e explorar cos seus propios ollos a realidade. Alí encontrarase con diferentes tipos de familias!

Desirée tamén fai referencia a unha actividade que se leva a cabo na filosofía Montessori; a corda da beleza. Está a autora deixando miguiñas de pan?
Anímovos enormemente a solicitar un exemplar para as vosas casas, nas bibliotecas e centros escolares.
Por unha educación en valores!
Comentar  Me gusta         10



Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro
Apreciaron esta crítica ()(1)ver más