InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest
>

Crítica de Beavazquez_


Beavazquez_
23 July 2023
[GAL] Nesta novela temos dúas grandes protagonistas: Vivian e Molly. Vivian é unha anciá que decide organizar o seu faiado; Molly é unha adolescente que debe realizar 50 horas de servizos á comunidade se quere evitar rematar nun reformatorio. Aparentemente non teñen nada en común, pero a realidade é que ningunha das dúas tivo unha vida, o que se di, sinxela.
Vivian foi unha das nenas que viaxou no que se adoitaba chamar "o tren dos orfos", que cruzaba os EE.UU. levando nenas e nenos en situación de orfandade por diferentes vilas e cidades buscándolles familias. Pero non sempre atopaban familias que quixesen ten fillxs; moitas veces o que buscaban era man de obra gratuíta e estas crianzas vivían verdadeiras penurias.
Pola súa parte, Molly leva anos indo dunha familia de acollida a outra, sen rematar de atopar o seu lugar no mundo.
Encantoume a relación que se vai forxando ao longo do relato entre estas dúas mulleres e como vemos que van cambiando e avanzando. Pero sobre todo, gustoume coñecer a historia dun acontecemento que era totalmente descoñecido para min como era o do tren. Atopámonos polo tanto ante unha ficción baseada nun feito real, e para min iso sempre supón un plus nas lecturas.
Trátase dunha das miñas primeiras lecturas de verán e penso que escollín moi acertadamente.

[CAS] En esta novela tenemos dos grandes protagonistas: Vivian y Molly. Vivian es una anciana que decide organizar su desván; Molly es una adolescente que debe realizar 50 horas de servicios a la comunidad si quiere evitar acabar en un reformatorio. Aparentemente no tienen nada en común, pero la realidade es que ninguna de las dos tuvo una vida, lo que se dice, fácil.
Vivian fue una de las niñas que viajó en lo que se acostumbraba a llamar "el tren de los huérfanos", que cruzaba los EE.UU. llevando niñas y niños en situación de orfandad por diferentes pueblos y ciudades buscándoles familias. Pero no siempre encontraban familias que quisiesen tener hijxs; moitas veces lo que buscaban era mano de obra gratuita y estoas niñas y niños vivían verdaderas penurias.
Por su parte, Molly lleva años yendo de una familia de acogida a otra, sin acabar de encontrar su lugar en el mundo.
Me encantón la relación que se va forjando a lo largo del relato entre estas dos mujeres y cómo vemos que van cambiando y avanzando. Pero sobre todo, me gustó conocer la historia de un acontecimiento que era totalmente desconocido para mi como era el del tren. Nos encontramos por lo tanto ante una ficción basada en un hecho real, y para mí eso siempre supone un plus en las lecturas.
Se trata de una de mis primeiras lecturas de verano y pienso que escogí muy acertadamente.
Comentar  Me gusta         00



Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro