Esta é unha estremecedora novela, dividida en tres partes e capítulos curtos constituídos polas redaccións escritas en forma de terapia nas que unha moza nos vai relatando as súas vivencias en Neboeiro, a aldea da súa avoa, antes de que fora devorada por un incendio. Deseguido dámonos conta da súa soidade, tanto polas súas dificultades persoais para relacionarse como polos continuos abusos os que está sometida que a illan e inciden negativamente na súa estima. Isto xunto que os seus pais pasan a maior parte do día traballando, fan que forme un especial vínculo ca súa avoa. Esta é o seu soporte e a que a acompaña a medida que vai crecendo e tamén cando o seu corpo experimenta os cambios propios da adolescencia. Pero as cousas cambiarán e moito cando o envellecemento e o deterioro comeza a facerse dono do corpo e da mente da súa avoa o mesmo tempo ca súa aldea esmorece polo descoido e o abandono. A novela aborda os aspectos propios da adolescencia como as primeiras inquedanzas sexuais, a busca do pracer e do afecto. Outros son o acoso escolar, os abusos e a espiral de violencia que envolve e que a illan da realidade. Como vedes unha lectura na que é inevitable sentir calafríos e tamén indignación a través dos ollos da propia vítima, quen nos pon na pel dos que sofren. Unha novela galardonada co XLII Premio Blanco Amor de Novela e que dende logo non me dexou indiferente chegándome moi adentro. A que, ademáis, nos invita a unha gran reflexión. Moi recomendable tanto para a rapazada na etapa do bacharelato como para público adulto e que seguro dará lugar a importantes debates nas lecturas conxuntas. + Leer más |