Noelia Cortés escribe La higuera de las gitanas tomando como referencia os posibles futuros da figuera de Sylvia Plath. Futuros nos que se contempla a ela mesma en escenarios probables pero nos que a realidade é o suficientemente cruda e inalcanzable. . En calidade de ensaio, Noelia non te deixa indiferente na súa escrita de carácter íntimo, donde analiza o racismo antixitano en diferentes expresións culturais, ainda que se focaliza sobre todo na literatura en clave de xénero e raza, así coma nos estereotipos racistas arredor das persoas xitanas, sen deixar atrás a apropiación cultural, o feminismo e a falta de referentes da cultura romaní e a necesidade dun cambio na súa representatividade e imaxinario. . "Cada una trata de comprender el mundo a través de sus propias referencias" É innegable como Cortés desromantiza a escritoras como Virgina Woolf, ás Brönte...pois en elas se alude ao clasismo e ao racismo, neste último en como se representa ás persoas xitanas na literatura, deshumanizandoas e relegándoas ás marxes. . "Yo he querido ser como las Brönte y viajar al pasado y sentarme a escribir junto a ellas, pero yo habría ido muy sucia, no sabría escribir y ellas me habrían estereotipado como un recurso literario más". Pese a iso, a autora cita "ellas no son el enemigo. Yo las albergo" . Creo que dunha maneira casi poética e bella Noelia incrépate como lectora e por suposto invita moito á reflexión. . Non sei de que maneira decirvos que me encantou porque é un ensaio, pero escrito desde a víscera, lonxe de academicismos e palabras técnicas rimbombantes, de tu a tu, claro e conciso. Exento de bibliografía "a consultar" lévome unha chea de referencias; autoras e autores xitanes, científicas e matemáticas, supervivintes do holocausto, entre outras personalidades que fixeron historia + Leer más |