Golpes de luz de Ledicia Costas
Gústame ese don que ten Noa de darlles a volta aos momentos tristes e convertelos noutra cousa distinta. É coma se tivese soles pequenos gardados na manga do xersei. Cando chove ou cando aparece unha ameaza, solta un sol e faino voar como un paxaro.
|