Nacionalidad: Por definir
Nacido(a) en: Vigo , el
03/ 1962
Biografía: :
Isabel María Blanco Franco, máis coñecida como Isabel Blanco ou Isabel Blanco-Rivas (en honor ao seu avó) é unha avogada e escritora galega.
Exerceu a docencia na Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados de Vigo e colaborou coa Casa da Muller de Vigo e os centros de Información da Muller de Mos e Ponteareas. No eido da avogacía participou en: Curso de Victimoloxía da Universidade de Educación a Distancia (1996), Curso Xurídico sobre Aspectos do Código Penal do Instituto de la Mujer (1997), Curso “ A Administración Local na Unión Europea. A Unión Europea e as Entidades Locais “ do Concello de Vigo (1997), Curso sobre “ Dirección e Animación de Equipos de Traballo” na Escola Galega de Administración Pública (1998), Curso de Extranxería do Colexio de Avogados de Vigo (2016).
Súa foi a idea, creación e textos da mostra Rompe, xoga en igualdade (2018). Con Irene Silva creou a exposición de poesía visual Amores que matan non son amores (2018).O director de coros vasco Javier Busto compuxo música para tres poemas seus: "Vestida de frores" (Vebas Cum), "Poesía del deseo" (inédito), "Gosto dos bicos" (inédito).
Escribiu o guión da curtametraxe Manuela Romasanta de Roberto Oliveira.
+ Ver másFuente : Wikipedia
Añadir información