InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest
>

Crítica de Iriagi


Iriagi
30 August 2022
Pouco se sabe de Elisa e Marcela, digo pouco pero bastaríame dicir nada porque do que se sabe existe un claro sesgo eclesiástico e periodístico. Das súas propias voces, nada.
Narciso de Gabriel fai un traballo de investigación, riguroso, serio, moi ben estruturado e con perspectiva de xénero. Pero malia ter un carácter formal excelente, o contido é difuso e opaco.
O que sabemos de Elisa e Marcela é a través da prensa, informantes clave, a policía e o clero. Asique agarrádevos porque aquí si veñen dosis de m*isoxínia, l*sbofobia, discriminación, trans*fobia...
.
Pero quenes foron Elisa e Marcela, porqué fixeron historia? Pois porque foron dúas mulleres, mestras de A Coruña quenes se amaban e a pesar de estar prohibido, casaron en 1901.
Para conseguilo empregaron a súa audacia e valentía, véndose Elisa na obriga de mudar a súa expresión de xénero. Non obstante estiveron forzadas ao exilio, primeiro a Portugal, mais tarde a Buenos Aires, porque o seu amor sobresaía da heteronormatividade.
.
Creía que sería unha lectura mais profundizada, pero todo ou case todo son hipótesis, co afán de reconstruír unha historia. Coma ese puzzle no que falta engranar as pezas solo que neste caso as pezas poden ser ou non a realidade das protagonistas. Isto especialmente non me gustou porque alén da boa intención estase formando a historia de dúas vidas, de dúas identidades e personalidades sen escoitalas a elas. Algo así coma o teléfono escacharrado ou disques e seicas.
Comentar  Me gusta         00



Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro