InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest
>

Crítica de Iriagi


Iriagi
02 November 2021
André escribe a Benjamín e a Antonín, dende o amor con increíble tenrura. Stern acompaña aos seus fillos, sabe que xogando se aprende. Que o único que fan as crianzas é aprender xogando, porque de eso se trata. Por qué dicirlle as crianzas, ei deixa de xogar! agora toca aprender? non ten sentido. Non existe aprendizaxe sin xogo, nin xogo que non facilite o desenvolvemento de aprendizaxes.
.
A Antonin encántanlle os cohetes, e Stern emprega ese elemento como fío condutor para a educación de Antonin. O que educativamente se coñece como centro de interese. Un obxecto a través do cal se poden adquirir múltiples destrezas si contamos cun contexto preparado.
.
As persoas adultas xa non  xogamos; ou quizás todavía queden poucas que sí o fagan. Esquecemos a nosa infancia para aprender a ser no mundo dos adultos. Un mundo serio, apático e nada creativo.
.
Eu boto de menos saber xogar, ainda que as veces si que o fago, ou eso creo. Din que é algo innato.
.
"El niño no diferencia entre vivir, aprender y jugar. Lo ve como una unidad orgánica.
Ve que el mundo va bien cuando juega. Se siente parte del mundo. Siente que su deseo de jugar en cualquier lugar y en cualquier momento es una cosa seria y llena de sentido.
Todos los niños juegan, suan cuales sean las condiciones a su alrededor. Haya guerra, miseria, hambre o abundancia, nuestros niños juegan. Se agarran a la más mínima ocasión de jugar que tienen a su alcance"
.
Para! Lles decimos cando saltan na cama, beben auga no bidé, corren polos pasillos, collen un lápiz e simulan unha avioneta. Pero por qué deberían parar? Por qué non deixamos que a cama sexa unha colchoneta, o bidé a fonte dun parque, o pasillo a estrada sen coches, o lápiz un boeing 747 ou calquera outro modelo? . 
Depositemos confianza nas crianzas, sen interrumpir o seu xogo. Preparemos ambientes seguros, con límites claros e acompañemos bonito. Recuperemos a nosa infancia, as ansias de aprender e a espontaneidade que nos arrebataron.
.
Que dicir da editorial, LIT-ERA é fantástica, toda unha colección de experiencias preciosas.
Comentar  Me gusta         00



Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro