InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest
>

Crítica de Iriagi


Iriagi
17 May 2023
Son escasas noventa páxinas nas que Remexido de patacas ten como telón de fondo a violencia de xénero. Eli ríos válese de recursos como a retranca e o realismo máxico que fan desta lectura unha viaxe, e atreveríame a decilo, a un estilo casi que Almodovaresco. Mais o que aquí sucede é todo real. Incluída a sombra dun gato ao que se nomea como Azrael, observando impasible, en silencio e sin xuízos o que acontece.

 Ana, a protagonista deste libro está casada cun Moncho, un maltratador  de manual do que ela non lembra en que momento se "converteu" en tal. Querría que todo fose como ao principio: atento, hasta cariñoso. A esperanza do cambio que nunca vai chegar.

Alén da xustiza, Ana emprende un acto conxunto coa súa amiga Pili, quen soña con deixalo todo e irse á aldea de Grobas despois de que Ana lle emprestase algo de moito valor. 

Empatía, sororidade, equidade e disidencia son os ingredientes principais deste remexido, así nolo conta Eli Ríos. Sororidade, afouteza e autodefensa; entre amigas, coa veciña María e coa do oitavo piso, incluso con todas nós. 

Paréceme unha xenialidade como Ríos emprega a palabra escrita. Como un asubío no vento sen que nos decatemos do que estamos lendo, a autora sitúa todas as aristas que rodean esta problemática social, como digo empregando o humor tal e como o entendemos no noso país. Dotando de cualidades empoderadoras ás protagonistas deste remexido.
Comentar  Me gusta         10



Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro
Apreciaron esta crítica ()(1)ver más