InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest
>

Crítica de Airunneko


Airunneko
23 May 2021
Eiquí unha das compras que fixen este mes de maio, co motivo do Día das Letras Galegas 2021, que van adicadas a Xela Arias.

A “culpable” foi @libroscontos porque recomedou o libriño na súa canle de Youtube, e eu fun correndo a libraría, coa esperanza de si o tiñan… a miña sorpresa foi moi grata, porque estaba agardando por min no escaparate.

Cústame definir esta lectura, malia que foi un tanto inusual. Non é unha biografía, non é un poema, non é unha novela, non é un ensaio…

Este formato, e unha auténtica maravilla que nunca vira ata agora.
É unha conversa a tres voces, entre as poetas: Xela e Emma Pedreira, e Laura Romero pon o broche final con ilutracions e collages.

Con esta xoia de libro, tiven a primeira toma de contacto con Xela Arias.
Pouco a pouco irei lendo toda a súa obra, xa vos contarei.
Comentar  Me gusta         10



Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro
Apreciaron esta crítica ()(1)ver más