InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest
>

Crítica de maruxinha1983


maruxinha1983
23 March 2022
Novela histórica ambientada na Coruña de principios do século XX. Maribel é unha rapaza que recentemente terminou os seus estudos e o que máis desexaba no mundo era ser xornalista, a pesar dos obstáculos que tiña so polo feito de ser muller. Malia isto, ela consegue un posto no xornal "La Voz de Galicia" relacionándose así cos personaxes máis importantes da cidade herculina.
Realmente esta novela é unha minúscula biografía da primeira xornalista dun periódico non local: María Morales, nada en A Coruña pero que traballou para xornais tan sonados como a "Vanguardia" e escribiu diferentes adaptacións de novelas clásicas á literatura infantil.
O libro e curto e moi sinxelo de ler. Para alguén que sexa da Coruña é moi interesante porque aparecen as diferentes personalidades que vivían na cidade a primeiros do século XX relacionados coa cultura, aristocracia, deporte, etc.
Tamén trata moi ben o tema do feminismo, a loita dunha muller para facerse paso no mundo masculino do xornalismo.
Comentar  Me gusta         50



Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro
Apreciaron esta crítica ()(4)ver más