InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest
>

Crítica de Auguibooks


Auguibooks
16 April 2024
Paco Morgan debuta como escritor con este libro, que foi Finalista do Premio Xerais de novela en 2023 e non podo máis que pensar que menuda forma tan genial de estrearse!!
En "A rede branca" atopámonos con unha historia constituida por 14 capítulos nos que hai unha personaxe protagonista que vai interactuando con diferentes persoas e tecendo unha trama na que deixa en evidencia os máis baixos instintos da sociedade.
E ese é un dos grandes acertos da narración porque a forma que ten o autor de enlazar os capítulos provoca que o lector teña ganas de seguir lendo en todo momento, de desenliar esa madexa tan ben montada.
Asegúrovos que me durou un suspiro porque non podía parar de ler.
Aparte diso, non podo deixar de destacar a ambientación, nesa Úrvida ficticia que tanto nos remite á cidade de Vigo, recoñocible polas pinceladas de historia que nos deixa o autor e porque coñezo ben algún barrio que por ahí aparece🤭
Unha historia ben contada, con ritmo , boas personaxes e unha trama criminal regada de alcol e drogas con final que está a altura do esperado.
Comentar  Me gusta         20



Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro
Apreciaron esta crítica ()(2)ver más