InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest
>

Crítica de Iriagi


Iriagi
03 November 2021
O Radio foi un elemento químico descuberto por Maria Salomea Sklodowska e Pierre Curie en EEUU no contexto da I Guerra Mundial.
Empezou a utilizarse como compoñente milagroso para produtos de cosmética.
Tamén se usaba nas fábricas de reloxos para elaborar as esferas luminosas para os soldados da guerra. As esferas estaban feitas con pintura luminosa de Radio, polo que traballar nas fábricas pintando esferas convertiuse nun prestixio social, un traballo de élite para as mulleres de Newark e Orange.
Cando remataban o seu turno desfilaban polas rúas como luciérnagas na noite, tamén as chamaban "las chicas fantasma", xa que o polvo do Radio que utilizaban quedaba en pequenas particulas impregnadas nas súas roupas.
.
Co tempo as mulleres que traballaban nestas fábricas foron enfermando por "causas descoñecidas".  Sufriron fracturas, pérdida de pezas dentais, desenvolveron cancros.
Así foron as consecuencias do envenenamento por radiación.
.
A primeira muller en denunciar o fixo en 1925, pero a escaseza de estudos de coorrelación dos efectos do radio e cunha compañía negando o evidente, o devir destas mulleres convertiuse nunha loita ardua por salvar as súas vidas.
Moitas persoas estiveron implicadas coas "chicas del radio",pero tamén estaban os contrarios á súa causa: a empresa, os políticos e a Igrexa; aqueles que ocultaban a verdadeira causa, pagando a médicos para que falsificaran as actas de defunción.
.
Aquí Kate Moore fixo un traballo documental excelente e moi riguroso. Para elo viaxou a Estados Unidos donde realizou entrevistas ás familias das traballadoras das fábricas, revisou informes e investigacións.
E eu conseguín este libro a través dun sorteo da propia editorial fai case un ano, e gracias ao#retolibroscontos do mes de xaneiro escollín esta obra ambientada na I Guerra Mundial.
Foi unha lectura espectacular, unha historia de loita contra as inxustizas no mundo laboral.
Unha historia real ainda que poida parecer por momentos unha película gore,  tal e como se narra a degradacion dos corpos.
É brutal, difícil de dixerir. Unha lectura necesaria, sen dúbida.
Comentar  Me gusta         10



Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro
Apreciaron esta crítica ()(1)ver más