InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest
>

Crítica de Iriagi


Iriagi
02 November 2021
Quemar la casa", un manifesto contra a vínculo pai-filla , contra o corpo e contra a palabra.
Losada fai tanxible esa dor a través da escritura en tres intensos capítulos, rompendo coa política e cultura do silencio que fai dela unha "res inmóvil de mejillas ardientes niña domada      diseccionada".
.
 Lara quere que coñezamos a súa ferida, que sepamos a forma na que está atrapada e que cando percibamos toda esa tristeza digamos " este cuadro es negro es pesado y está frío".
.
Unha casa é unha construcción pechada disposta a habitarse e cando a casa non é un lugar seguro sucede a violencia.
En España mais do 25% das crianzas son maltratadas por parte de coidadores principais é dicir, que o maltrato sucede dentro do fogar; un lugar que debera ser refuxio. Durante o confinamento as estadísticas son abrumadoras e o que para algunhas crianzas e familias "quédate en casa" foi un privilexio, para outras foi o mais absoluto dos infernos. A institucionalización familiar é unha trampa socio-política e cultural.
.
A miña casa sempre foi un lugar seguro e non podo imaxinalo de outra forma. Podo chegar a sentir entón rexeitamento deste privilexio? Me pregunto. Como podo sentir esta dor si non me pertenece?
.
Este poemario sucede á novela Un poco de tu leche, o primeiro contacto que tuven coa escritura de Lara. Ainda que incomparables, a voz poética que utiliza é honesta, sin adornos e non fai beleza dunha situación que non o é. 
"Me gustaría decirte que tú fuiste el golpe
separada desde
entonces del impulso primario, negada al afecto.
Existo refugiada en la angustia de las no amadas
las no válidas"
Podo definir a Lara como "la chica con una cerilla y un bidón de gasolina" disposta a facer saltar todo polos aires, a queimar a casa e convertir esta pesadez en cinzas.

Si non coñecedes a @laralosadaa , aquí tedes un preámbulo para facelo.
Comentar  Me gusta         00



Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro