InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest
>

Crítica de Beavazquez_


Beavazquez_
20 November 2023
[GAL] Apetecíame ler algo de terror e lembrei este libro que tiña medio agochado pola casa (inciso para dicir que necesito URXENTEMENTE ter biblioteca para ter todos os meus libriños ben organizados).

Mary é vidente e cos seus poderes dedícase a axudar a cazar a asasinos. Non obstante, mentras traballa no seu actual caso, comeza a ter unhas visións un tanto alarmantes, xa que a muller que ve nelas seméllase bastante a ela.

Con esta premisa adentrámonos nunha pequena novela que, se ben ten un final bastante predicible, fará pasar un bo rato ás persoas amantes do xénero. A acción é bastante rápida e pasan bastantes cousas, polo que a lectura é áxil. Mary, a protagonista, é tan dulce e inocente que me resultou imposible non collerlle cariño, a pesar de que nun principio recoñezo que me poñía un pouco nerviosa porque me parecía un pouco infantil.

Descubrín ao asasino antes de que se desvelase na novela, pero non por iso me gustou menos. Penso que o desenlace está ben traído e, aínda que xa sabía quen era, a explicación que dá o autor ao comportamento deste criminal gustoume moito. Non agardaba algo tan gore, a verdade.

Escoitara falar ben deste autor e despois de la visión quedo con ganas de seguir afondando na súa obra.

[CAS] Me apetecía leer algo de terror y recordé este libro que tenía medio agachado por casa (inciso para decir que necesito URGENTEMENTE tener biblioteca para tener todos os mis libriños bien organizados).

Mary es vidente y con sus poderes se dedica a ayudar a cazar a asesinos. No obstante, mientras trabaja en su actual caso, comienza a tener unas visiones un tanto alarmantes, ya que la mujer que ve en ellas se parece bastante a ella.

Con esta premisa nos adentramos en una pequeña novela que, si bien tiene un final bastante predecible, hará pasar un buen rato a las personas amantes del género. La acción es bastante rápida y pasan bastantes cosas, por lo que la lectura es ágil. Mary, la protagonista, es tan dulce e inocente que me resultó imposible no cogerle cariño, a pesar de que en un principio reconozco que me ponía un poco nerviosa porque me parecía un poco infantil.

Descubrí al asesino antes de que se desvelase en la novela, pero no por eso me gustó menos. Pienso que el desenlace está bien traído y, aunque ya sabía quién era, la explicación que da el autor al comportamiento de este criminal me gustó mucho. No esperaba algo tan gore, la verdad.

Escuchara hablar bien de este autor y después de la visión quedo con ganas de seguir profundizando en su obra.
Comentar  Me gusta         40



Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro
Apreciaron esta crítica ()(4)ver más