InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest
>

Crítica de Beavazquez_


Beavazquez_
09 November 2022
[GAL] Ao ler a sinopse agardaba algo un pouco diferente. Non é que esta minta sobre o contido do libro, simplemente fun eu creándome unhas expectativas erróneas. Aínda así debo recoñecer que o que atopei dentro gustoume e paso a explicarme.

Eu agardaba un libro que, a pesar de que falase dos recordos da protagonista, se centrase moito máis no pasado próximo. En que pasou recentemente para levala a esa situación que, xa de primeiras, sabemos que nos vai resultar incómoda ("fraxilidade dos soños, amor obsesivo, relacións tóxicas..."). Pero realmente viaxamos moitísimo máis ao pasado, chegando á xuventude da avoa da nosa protagonista. E isto enriquece moitísimo a historia porque alí atopamos moitísimas referencias a mulleres que, a pesar das trabas da súa época, foron contra o sistema que as oprimía polo seu sexo. Nomes como Clara Campoamor, Emilia Pardo Bazán, María de Maeztu xorden unha e outra vez ao longo destas páxinas.
Será a súa avoa, e as ensinanzas que esta lle transmitiu durante a súa infancia -fortemente marcadas por todas as mulleres que a acompañaban-, as que fagan reflexionar á nosa protagonista sobre a súa relación actual. Unha relación que a fai infeliz e na que está totalmente sometida aos desexos dun marido que non lle dá mostra ningunha de amor.

A única pega, para min, é que a edición que eu teño ten varios erros de corrección e nun libro destas características (introspectivo, íntimo, no que estás coas emocións a flor de pel) atopar de súpeto erros tan evidentes corta un pouco o ritmo da lectura. Porén, é algo que se pode solucionar en revisións posteriores, así que é un mal menor.

[CAS] al leer la sinopsis espera algo un poco diferente. No es que esta mienta sobre el contenido del libro, simplemente fui yo creándome unas expectativas erróneas. Aún así debo reconocer que lo que encontré dentro me gustó y paso a explicarme.

Yo esperaba un libro que, a pesar de que hablase de los recuerdos de la protagonista, se centrase mucho más en el pasado próximo. En qué pasó recientemente para llevarla a esa situación que, ya de primeras, sabemos que nos va a resultar incómoda ("fragilidad de los sueños, amor obsesivo, relaciones tóxicas..."). Pero realmente viajamos muchíimo más al pasado, llegando a la juventud de la abuela de nuestra protagonista. Y esto enriquece muchísimo la historia porque allí encontramos muchísimas referencias a mujeres que, a pesar de las trabas de su época, fueron contra el sistema que las oprimía por su sexo. Nombres como Clara Campoamor, Emilia Pardo Bazán, María de Maeztu surgen una y otra vez a lo largo de estas páginas.
Será su abuela, y las enseñanzas que esta le transmitió durante su infancia -fuertemente marcadas por todas las mujeres que la acompañaban-, las que hagan reflexionar a nuestra protagonista sobre su relación actual. Una relación que la hace infeliz y en la que está totalmente sometida a los deseos de un marido que no le da muestra alguna de amor.

La única pega, para mí, es que la edición que yo tengo tiene varios errores de corrección y en un libro de estas características (introspectivo, íntimo, en el que estás con las emociones a flor de piel) encontrar de repente errores tan evidentes corta un poco el ritmo de la lectura. No obstante, es algo que se puede solucionar en revisiones posteriores, así que es un mal menor.
Comentar  Me gusta         10



Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro
Apreciaron esta crítica ()(1)ver más