InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest
>

Crítica de Iriagi


Iriagi
02 November 2021
Podería empezar decindo que Roxane Gay escribe sobre a súa violación e fame, pero este libro vai moito mais alá.
Nel faise unha análise a esta sociedade gordofóbica (que exclúe, maltrata, invisibiliza, que discapacita) : dende os programas televisivos tipo reality para perder peso, as agresións gordófobas (na rúa, intrafamiliares, nos centros de saúde...) ate o punto de soterrar o corpo fóra dos canones do desexo considerando que con iso, crearás un impermeable para a túa dor.
.
Roxane quixo enterrar a súa violación, pero non sabía que con iso desataría unha árida Caixa de Pandora. .
En todo isto tamén xoga moito o xénero . Porque estamos constantemente sometidas para conseguir ese corpo aceptable e desexable a través de mensaxes xa sexa nas revistas de moda, na televisión, carteis publicitarios, etc. Somos corpos adoctrinados polo sistema. Por non falar das Influencers de Instagram: cos seus corpos perfectos e as súas caras perfectas, sempre dispoñibles para un público que anhela un imposible. .
Porque amigas, delgadez non é significado de felicidade nin de autoestima, e moito menos de saúde.
Hambre é o primeiro que leo de Roxane Gay, un libro que me gustou especialmente porque está escrito en capítulos cortos, donde Roxane é moi crítica consigo mesma. Pero esa autocrítica fai que escriba dende o mais puro e sincero sentimento. Estamos ante unha historia de vida que anhela ser escoitada. “ Lo que teneis que saber es que mi vida está partida en dos, escindida sin demasiado cuidado. Hay un antes y un después. Antes de ganar peso. Después de ganar peso. Antes de que me violaran. Después de que me violaran” .
Algo que me chamou especialmente de Gay, é que en varias ocasións ao longo da súa historia, pide perdón e exculpase ante a súa familia por non ser "a boa filla que debería ser". Roxane pide perdón a súa familia, por ter sido violada e tamén por ter fame.
Comentar  Me gusta         00



Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro