InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest
>

Crítica de Beavazquez_


Beavazquez_
17 March 2022
Penso que "Las maestras de la República" de @libroscatarata é un libro ao que volverei en máis dunha ocasión, porque ten tantísima información tan valiosa que resulta imposible absorbela toda dunha soa lectura.

O libro estrutúrase en 9 capítulos (máis a Introdución) que van abordando o papel das docentes da República dende diferentes perspectivas. Dende un achegamento conceptual para comprender exactamente que entendemos por mestras da República, ata a represión que sufriron estas mulleres, pasando polo papel das mestras no rural, nas Colonias Escolares ou mesmo no exilio.

A pesar de que é unha época da que perdemos moita información e da que houbo moita xente que decidiu non pronunciarse despois da Guerra Civil e a ditadura por temor a sufrir maiores represalias, a información está tan detallada e hai tantas referencias que podemos perdernos se seguimos tirando do fío. Un punto a favor sen dúbida isto, por suposto! Aínda que persoalmente tería preferido que as notas se localizasen a pé de páxina e non ao final do capítulo, xa que en ocasións resulta un pouco molesto ter que estar buscándoas.

Sen dúbida unha lectura máis que recomendable para calquera persoa que se dedique ao mundo da educación. Sempre é positivo coñecer as vivencias e os logros das persoas que estiveron no noso lugar antes; para lembrar que todo avance supón o sacrificio e esforzo de moitas persoas e para aprender da historia e poder mellorar a partir dela.
Comentar  Me gusta         00



Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro