InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest
>

Crítica de Chuspaixonporler


Chuspaixonporler
04 March 2024
A ferida imaxinaria é unha historia de feridas, feridas mal pechadas e danos que provocan que dúas parellas de irmás atópense distanciadas entre elas.

Cunha ambientación tristeira e un sentimento permanente de soidade fan que cada unha das irmás busquen por separado as súas estratexias para saber levala.

Dous peixes e un ganso tamén teñen tamén o seu protagonismo, ademais está a piques de producirse o que altera a vida normal dos veciños de Soutelo, unha aldea de Viveiro.

É unha novela narrada con voz poética, simbólica e moi reflexiva. Estas catro irmás están a pedir auxilio para poder reconducir as súas vidas.

Non é o libro máis doado da autora e saír indemne del non foi sinxelo.

Comentar  Me gusta         61



Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro
Apreciaron esta crítica ()(6)ver más