InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest
>

Crítica de Airunneko


Airunneko
17 March 2022
・ 。゚ Ler a Castelao e sentir unha homenaxe a Galicia.
Nunca me deu por ler nada do autor e grazas a unha lectura conxunta quixen darlle unha oportunidade.

・ 。゚ E incríble que nun libro tan pequeniño teña tantas “cousas” interesantes.
O don que tiña Castelao foi que con poucas palabras era capaz de contar moito.

・ 。゚ Resultoume curioso que o tema da morte está presente nunha gran parte dos relatos.
E gustoume que tratase con crítica as grandes clases sociais, e con humor, nostalxia e tenrura, temas relixiosos e tamen a emigración.

・ 。゚ Os debuxos son unha obra maestra.
Teño que volver ao museo de Pontevedra para ver con mais calma a “Colección Nós”. Se nunca vichedes a exposición tedes que ir.

・ 。゚ Os relatos que mais me gustaron foron:
- A Marquesiña
- Onde hai un cruceiro
- O “Rifante”
- Dous vellos que tamen tiveron mocedade
- Vou contarvos un conto triste
Comentar  Me gusta         20



Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro
Apreciaron esta crítica ()(1)ver más