InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest
ISBN : 8411104621
205 páginas
Editorial: Edicións Xerais (18/01/2024)

Calificación promedio : 4.67/5 (sobre 3 calificaciones)
Resumen:
Aún no tenemos la descripción del editor en nuestra base de datos (contraportada)
Añadir la descripción del editor

También puedes contribuir a la descripción colectiva redactada por los miembros de Babelio.
Contribuir a la descripción colectiva
Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro
Críticas, Reseñas y Opiniones (3) Añadir una crítica
Chuspaixonporler
 25 April 2024
De que vai?
É un conxunto de seis relatos onde se pon de manifesto tanto a capacidade de resistencia do ser humano ante situacións límites como tamén pode ser inmensa a súa capacidade de facer dano, a súa crueldade.

Todos eles teñen como escenario común a Segunda Guerra Mundial e cada un constrúense a partir de diferentes feitos acontecidos no conflito bélico dende a bomba atómica, pasando polos campos de exterminio, traballos forzados, explotación das mulleres, fame......

Opinión persoal!
A pesar da súa dureza, do viscerais que son cada un dos seis relatos que compoñen o libro, supuxéronme un impresionante exercicio emocional.

Ledicia Costas nos relata de forma maxistral seis historias inspiradas nun número igual de feitos acontecidos durante o conflito bélico. Escritas de forma directa, sen adornos, nos que teñen especial protagonismo a dor, o sufrimento pero tamén a gran capacidade de resistencia das vítimas. Pero tamén é un retrato desolador da crueldade humana, da inhumanidade. É arrepiante o que algúns lle poden facer a outras persoas sen sentir en ningún momento piedade e o mesmo tempo gozalo. Isto encólleme a alma.

Un libro impresionante e abraiante do que saín co corazón encollido pero o mesmo tempo do mellor que lin en moito tempo.
+ Leer más
Comentar  Me gusta         60
Raquel_porcasualidad
 13 May 2024
Seis relatos ambientados na II GM que me impactaron e que ó rematar cada un deles tiven que parar a respirar e reflexionar sobre o que acababa de pasar. Hai cousas que parece incrible que pasasen de verdade

Cada relato céntrase nun feito concreto aconcecido durante a II GM e teño que recoñer que varios deles non os coñecía. Este é un periodo que nunca deixará de sorprenderme, e non para ben precisamente.

Podedes pensar que ó ser relatos vos ides quedar coma a medias na historia, pois xa vos dito que non, que a pesares das poucas páxinas a dor, a carraxe, o medo e a impotencia séntense en cada un dos poros da pel.
Pero ó mesmo tempo tamén se senten as ganas de vivir, de resistir, de saír adiante.

E como son relatos, son directos, van ó importante sen detenerse en adornos, sen tratar de maquillar a brutalidade do ser humano, sen esconder o malo entre palabras bonitas, logrando que a cada páxina se che encolla o estómago.

Creo que é un libro moi axeitado para aqueles acostumados a ler cusas sobre a IIGM porque en moi poucas páxinas fainos coñecer moitos feitos. E por iso mesmo tamén o recomendo para os que leran pouco ou nada sobre esta época, porque en moi poucas páxinas verán un cadro moi claro do que foron esos días.

@chuspaixonporler graciñas por compartir esas pausas para respirar comigo, que en compañía sempre sentan mellor.

¿Hai algún feito da IIGM que vos impresione mais que o resto?
+ Leer más
Comentar  Me gusta         00
LeyendoBajoElArcoiris
 18 February 2024
Hoxe veño a falarvos da reedición deste libro de relatos xa publicado en 2015. Seguramente moitos de vós asociedes a Ledicia coa lectura infantil e xuvenil na nosa lingua galega, pero tamén podedes achegarvos a súa obra máis adulta con este título, ou tamén con "Infamia" ou "Golpes de luz".

Nestes relatos de ficción ambientados na Segunda Guerra Mundial, atoparedes reflexado o máis escuro e truculento da raza humana. A autora logra introducirnos de cheo naquela época, mediante seis historias ficticeas baseadas en testemuños, declaracións, , informes xudiciais, etc.

A dor traspasa as sús páxinas dun xeito indescriptible, podes cheirar o fedor da maldade, da morte, da inxustiza... Hai moito escrito sobre esta realidade non tan lonxana no tempo, pero Ledicia consegue sorprender coa súa incríble ambientación.

Prepárate emocionalmente antes de collelo nas túas mans, ten por seguro que non te vai deixar indiferente.

A miña puntuación: 4/5🌈
Enlace: https://www.instagram.com/p/..
Comentar  Me gusta         30
Citas y frases (4) Añadir cita
ChuspaixonporlerChuspaixonporler19 April 2024
Ao destino gústalle confabular. Xogar aos dados coas nosas vidas. Lanzalas sobre un tapete verde descolorido, o mesmo sobre o que levan xogando xeracións, e velas xirar sobre si mesmas mudando a sorte en cuestións de segundos
Comentar  Me gusta         70
LeyendoBajoElArcoirisLeyendoBajoElArcoiris13 February 2024
E ese mesmo día souben que a nosa amizade morrera como morren as estacións. De xeito paulatino pero inexorable.
Comentar  Me gusta         20
LeyendoBajoElArcoirisLeyendoBajoElArcoiris09 February 2024
Gorecerse da fame na morneza do recordo.
Comentar  Me gusta         30
LeyendoBajoElArcoirisLeyendoBajoElArcoiris13 February 2024
Coma se compartir a infancia xa fose un feito determinante para que os destinos de dúas persoas vaian unidos.
Comentar  Me gusta         00
Videos de Ledicia Costas (7) Ver másAñadir vídeo
Vidéo de Ledicia Costas
Presentación novedades Nórdica Infantil con Ledicia Costas, David Sierra, Francesc Gascó-Lluna y Nerea Pérez
Libros más populares de la semana Ver más
Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro





Test Ver más

¿Puedes completar el título?

El invierno en...

Madrid
Lisboa
París

10 preguntas
23 lectores participarón
Thèmes : literatura españolaCrear un test sobre este libro