AC: racismo, violación, maltrato físico e psicolóxico, misoxínia . “Aunque nadie diga nada, en el otoño de 1941 no hubo caléndulas. Creímos entonces que si las caléndulas no habían crecido era debido a que Pecola iba a tener el bebé de su padre”. . Así da comezo "Ojos azules" de Toni Morrison, historia ambientada en Ohio durante o comezo da Segunda Guerra Mundial, estruturada en catro estacións: outono, inverno, primavera e verán, partindo da realidade de Pecola unha nena negra que anhela ter os ollos azuis para verse bonita. Pecola vive con Patrice, Cholly e o seu irmán. Son unha familia pobre e desgraciada (así se define na propia lectura), tamén todo o mundo se burla de Pecola, da súa "fealdade" e seu pai a molesta moitas veces polas noites. . Trátase dun relato horrible contado cunha prosa bellísima, como é posible? As veces costoume seguir o fío e comprender a autora porque a narración de Toni Morrison é complexa. Fragmenta a historia en saltos para que dende quenes a estamos leendo fagamos pausa ante o horror, e xuntemos esas pezas de crebacabezas para dar sentido a esta lectura. Qué dicir? Increíble e peculiar estilo! . O que mais me gustou é a ruptura que fai Morrison da natureza (“yo voy diciendo que no planté las semillas a demasiada profundidad, digo que la culpa era del suelo, de la tierra de nuestra ciudad”), e certos aspectos sociais (a demonización da raza negra, a interiorización dunha premisa de inferioridade racial coma o ideal de beleza, as violacións), todo narrado dende a mirada do ser mais vulnerable e inocente dunha sociedade: a infancia. . A medida que avanzaba a narración, sentía certo amargor coa situación de Pecola, e de repente Morrison cambiaba de plano e desconcertábame por completo, porque non lograba entender esa pausas e saltos temporais. Como pode chegar a destruírse unha nena de doce anos? Por qué? Xa vos digo que é unha lectura complexa, dura, hai fragmentos e diálogos sin complexos nin escrúpulos e de moita dor. Pero creo, a día de hoxe que Ojos azules estará entre as mellores lecturas deste ano. |