InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest
>

Crítica de Iriagi


Iriagi
17 January 2022
Louise é contratada como nunú (en Francia chámase desta maneira as "niñeras"). Unha muller dulce, agradable, servicial e encantadora. O que nun principio parece unha persoa excelente.
Nesta historia o que vai a suceder sábese dende o principio, asique por ese lado non hai acontecementos inesperados.
A historia parte do asesinato da pequena Mila e o pequeno Adam. A partir de aí faise un barrido temporal a modo rebobinar dunha cinta, introducíndose no pasado e presente de Louise, de como se vai facendo oco na intimidade familiar, ate tal punto que os límites se van difuminando, as persoaxes entran nunha relación de dependencia emocional turbia, e os roles nese triángulo proxenitores- nunú tamén se van volvendo opacos.
.
O porqué vaise sucedendo a lume lento. O contexto non é alleo, e aquí Slimani fai unha crítica social moi boa aos efectos da situación migratoria, a condición de clase, ás relacións interdependentes, a misoxínia e a soidade. En ningún momento se procura unha xustificación, senon que se narra ó -cómo- se pode chegar a tal punto. "Se me castigará por no saber amar"
.
A culpa materna tamén é un tema central; ese baile dicotómico entre as esixencias capitalistas de producción- #maternar, de tomar a decisión de deixar ás nosas crianzas ao cargo de outras persoas, mentres o traballo doméstico e soster unha casa nos asfixia vilmente.
.
Slimani escribe este increíble thriller psicolóxico , de principio a fin, a través dunha escritura moi detallada e envolvente. A maneira de narrar as fisuras do que nun principio era perfecto produce escalofríos, incredulidade. Leila é tan descriptiva e gráfica, que podes visualizar a todas as persoaxes, ver os seus xestos, percibir os sentires, anticipar as súas accións, observar as súas sombras e por suposto o declive.
Son moitas as sensacións desta lectura
Comentar  Me gusta         20



Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro
Apreciaron esta crítica ()(2)ver más