InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest
>

Crítica de Beavazquez_


Beavazquez_
17 March 2022
Campos de fresas é unha pequena novela xuvenil que pretende concienciar sobre os perigos das drogas. Penso que está bastante ben, dado o público ao que está enfocada, xa que está estruturada en capítulos cortos e iso fai que sexa dinámica, cada capítulo vémolo dende a perspectiva dunha/s personaxe/s distinta/s e expón situacións (salvando as distancias contextutais dado que xa ten os seus anos) coas que as rapazas e rapaces se poden sentir identificados. Por poñerlle unha pega diría que, á marxe de que acabe ben ou mal, o final desenvólvese de maneira demasiado repentina para o meu gusto; penso que podería dar un pouco máis de xogo.Non obstante, manteño a idea de que o conxunto xeral está ben. Toca temas interesantes, aínda que non entre neles en profundidade, pero quizais a intención do autor tampouco era esa.
Comentar  Me gusta         50



Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro
Apreciaron esta crítica ()(2)ver más