AC: violencia sexual, Vdx, v*iolación, discriminación. . Lembro estando na secundaria unha charla sobre Educación Sexual, dentro das campañas contra o VIH onde se nos falaba de enfermidades de transmisión sexual, repartíanse panfletos e preservativos (para persoas con pene) que acababan "caducando" na carteira ou se convertían en aeroestáticos na mitade dunha clase. E todo isto quedaba nunha simple anécdota de, hoxe déronnos unha charla. Imaxinade que estas "charlas" non só se focalizaran na prevención de ETS senon na sexualidade en todas as súas dimensións. Porque sí, as ETS son unha parte importante a tratar, pero soamente se corresponden a unha pequena porción de un todo. Imaxinade que os centros de ensinanza contemplasen a educación sexo-afectiva como unha asignatura do currículo educativo e non como campañas puntuais, porque a sexualidade acompáñanos ao longo de toda a nosa vida. Imaxinade que se impartira por profesionais formadas na materia e imaxinade iso acompañado desde libro! (e outros sobre o tema); qué necesario, qué imprescindible esta guía sobre consentimento sexual! Guau! . De maneira tan fresca, dinámica e sin tabúes Shania Joy achéganos esta guía agora en forma de libro. Digo agora porque no seu momento empezou sendo un artigo e despois deveu en @consentzine ate materializarse nesta lectura de casi 200 páxinas. Unha guía sobre consentimento, contra a cultura da violación, facendo un percorrido a través do xénero e o feminismo. . "El término -consentimiento- proviene de la palabra consenso-, que significa -acuerdo mútuo-. Cuando aplicamos este concepto al sexo lo llamamos -consentimiento sexual-". Pero non nos quedemos soamente con esta definiciòn sobre que é o consentimento porque abarca moito mais: de que maneira o introducimos no noso día a día?, quen debe recibilo?, porqué o necesitamos? . A cultura da violación está presente nas películas, na música, nas leis, na educación, en cada fogar, en cada espazo. A violación está asentada e institucionalizada e si os homes non se alían e participan na súa erradicación, por moito que batallemos, a violación pervivirá. Coñecías esta guía!? + Leer más |