InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest
Las mejores frases de Xente normal (10)

EmilianoPD
EmilianoPD 23 March 2022
Marianne tiña a sensación de que a súa vida real estaba sucedendo nalgún lugar moi afastado, de que tiña lugar sen ela, e non sabía se algún día descubriría onde estaba e formaría parte dela.
Comentar  Me gusta         10
EmilianoPD
EmilianoPD 23 March 2022
Estar a soas con ela é coma abrir unha porta para saír da vida normal e pechala tras de si. Non ten medo dela, que en realidade é unha persoa bastante tranquila, pero si teme estar cerca dela porque fai que se comporte dun modo estraño, que diga cousas que normalmente nunca diría
Comentar  Me gusta         00
EmilianoPD
EmilianoPD 23 March 2022
Por un intre parece posible conservar ambos os mundos, ambas as versións da súa vida, e pasar dun a outro coma quen cruza unha porta. Pode ter o respecto de alguén coma Marianne e tamén ser ben visto no instituto, pode formar opinións e preferencias secretas, non ten que xurdir conflito ningún, non ten que esscoller nunca entre unha cousa e outra. Con só un pequeno subterfuxio pode vivir dúas existencias completamente independentes, sen enfrontarse nunca á pregunta definitiva de que facer consigo mesmo ou que clase de persoa é. Este pensamento é tan reconfortante que por uns segundos evita a mirada de Marianne, para que esa convicción dure un pouco máis. Sabe que cande a mire non poderá seguir créndoo.
Comentar  Me gusta         00
EmilianoPD
EmilianoPD 23 March 2022
Connell sentiu que o invadía unha pracenteira tristeza, que o puxo ao bordo das bágoas. Os momentos de dor emocional chegaban así, sen sentido, ou polo menos indescifrables.
Comentar  Me gusta         00
EmilianoPD
EmilianoPD 23 March 2022
todo quedaba entre eles, mesmo as cousas incómodas ou difíciles. Con ela podía facer ou dicir o que quixese e niguén o sabería nunca. Pensar nisto causáballe unha sensación vertixinosa e mareante.
Comentar  Me gusta         00
EmilianoPD
EmilianoPD 23 March 2022
todo o mundo falaba do boa persoa que era Rob, cheo de vida, fillo devoto, etcétera. Pero tamén fora unha persoa moi insegura, obsesionada coa popularidade, e a súa desesperación volvérao cruel. Non por primeira vez, Marianne pensa que a crueldade non lle fai dano só á vítima, senón tamén a quen a perpetra, e quizais dun modo máis profundo e permanente. Ninguén aprende nada especialmente profundo polo simple feito de sufrir bullying; pero cando llo inflixes a outra persoa, aprendes algo sobre ti que non esquecerás xamais.
Comentar  Me gusta         00
EmilianoPD
EmilianoPD 23 March 2022
Con Helen non sente nada vergoñoso, non se descobre dicindo cousas raras durante o sexo, non ten a sensación persistente de que non encaixa en ningures, de que non encaixará nuna en ningures. Marianne posuía un furor que se lle meteu dentro durante un tempo e lle fixo pensar que era coma ela, que tiñan a mesma ferida espirital innomeable, e que ningún dos dous atoparía nunca encaixe no mundo.
Comentar  Me gusta         00
EmilianoPD
EmilianoPD 23 March 2022
Era cultura como representación de clase, literatura convertida en fetiche pola súa capacidade de transportar xente cultivada a falsas viaxes emocionais que despois lles permitían sentirse superiores á xente inculta acerca de cuxas viaxes emocionais lles gustaba ler.
Comentar  Me gusta         00
EmilianoPD
EmilianoPD 23 March 2022
Parécelle poderoso poñer unha experiencia en palabras, coma se a encerrase nun frasco e xa nunca puidese abandonalo de todo.
Comentar  Me gusta         00
EmilianoPD
EmilianoPD 23 March 2022
Ás veces ten a sensación de que Marianne e el son coma patinadores artísticos que improvisan as súas conversas de xeito tan hábil e cunha sincronización tan perfecta que os sorprende a ambos. Ela lánzase gracilmente ao aire e, cada unha das veces, sen saber como vai facer, el cóllea. Sabe que é probable que volvan facelo antes de durmir seguramente fai a conversa máis pracenteira, e el sospeita que a intimidade das súas charlas, que a miúdo basculan entre o conceptual e o persoal, tamén fai que o sexo sexa mellor.
Comentar  Me gusta         00


    Comprar este libro en papel, epub, pdf en

    Amazon ESAgapeaCasa del libro





    Test Ver más

    ¿Cuánto sabes de los juegos del hambre?

    El nombre de la nación desde donde se organizan los juegos cada año es...

    La cornucopia
    Panem
    Distrito 12

    10 preguntas
    73 lectores participarón
    Crear un test sobre este libro