InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest
>

Crítica de efimerabonhomia


efimerabonhomia
07 November 2021
Úrsula B. é unha escritora coñecida que vive nunha vida monótona chea de eventos e firmas. de súpeto, na súa vida, aparece algo excitante, prohibido e á vez desconcertante que fai que toda a súa literatura se faga real. Ela cae rendida e é así como se produce a súa desaparición. A vida secreta de Úrsula Bas non é máis que un thriller que percorrerá as rúas de Santiago de Compostela acompañados por Abad e Barroso en busca da soada escritora e producirá en ti unhas ganas inmensas de descubrir que se escondía detrás da portada principal de cada un dos seus personaxes.

Pode ser máis aditivo este libro? Empezas e non podes parar, porque te sentes Úrsula, despois un pouco Abad e terminas compadecéndote de Barroso. É incrible como coa súa narrativa te vai incluíndo no libro ata que estás totalmente situado como un xogador máis no medio de Santiago de Compostela e non sabes cara a onde vai virar a próxima trama.

Un libro que vibra, e faino, porque a historia desenvólvese lentamente, dándoche indicios que son pouco perceptibles ata para a policía pero que a ti te dirixen a un lugar e despois a outro. E empezas a preguntarte o de sempre, se os bos son tan bos e os malos son tan malos.

Desde logo é un dos mellores libros que lin este ano sen ningunha dúbida. Mantívome enganchada desde a primeira páxina ata ese final que non se resolve de todo e faiche pensar algo para despois darche un desenlace que para nada te esperas.

Neste libro demóstrase que se pode escribir un libro de intriga sen recorrer ao típico de violacións, rescates, droga, etc. Que hai un mundo psicolóxico máis aló, como ben demostra a serie de Mindhunter e que ata está mencionada no libro.

Por favor, tedes que ler este libro, eu é que non vos podo dicir máis.
Enlace: https://www.instagram.com/p/..
Comentar  Me gusta         10



Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro
Apreciaron esta crítica ()(1)ver más