InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest
>

Crítica de Iriagi


Iriagi
25 January 2022
Si Emilia seguira viva alucinaría de como o patriarcado foi adoptando novas formas, creando un enxendro conxunto co patriarcado capitalista.
 Mais de cen anos transcurriron dende os primeiros relatos #feministas de Pardo Bazán e aquí seguimos sufrindo: feminicidios, maltrato psicolóxico-emocional, violencia vicaria, económica- patrimonial, obstétrica, sexual, física.
.
Polo #25N, atopeime con esta antoloxía de contos, editada por Cristina Patiño Eirín. Contos que responden ás violencias contra as #mulleres, escritos entre 1883 e 1921 (non só se relatan violencias en relacións de parella, senon tamén as parento-filiais, sociais...) como dícía antes, fai dous séculos.
Emilia foi unha muller transgresora para a súa época, e vulnerable porque as súas palabras e os seus escritos son ávidas denuncias polos dereitos das mulleres, ainda que a través de persoaxes ficticias, son o retrato e relatos de moitas realidades. Namorei da súa retranca, como non podía ser doutra maneira. A selección de textos, así como a súa aparición están maravillosamente encadrados: "Este libro reúne, como perlas de un collar que nunca ensartó su autora, como piezas para armar, una colección de relatos que se enjaretan en el hilo rojo de las violencias contra las mujeres, de las heridas de género a ellas infligidas".
.
Pero hubo algo nesta lectura, que me facía parar por días. Consideraba que non estaba chegando a ningunha parte, e tamén volvía á lectura con ansia de saber mais. Sentíame atrapada nunha tela de araña.
Hai libros que son para leer ,dixerir lentamente, e continuar, se cadra, noutro día.
Aínda coa sutileza que demarca a autora, trátase de relatos (algúns deles) de especial crudeza. Se coñecedes o relato "No lo invento" saberedes de que estou falando.
.
O prólogo, ai! 53 páxinas que nun primeiro momento abandonei, porque comenta partes dos relatos, nomea persoaxes e sinceramente, sin adentrarse na lectura non te enteras de nada.
Resumindo, a estrutura e a forma non foron do meu agrado, pero iso non desmerece para nada a lectura nin o sentido que lle ofrece a editora.
Comentar  Me gusta         20



Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro
Apreciaron esta crítica ()(2)ver más