InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest
120 páginas
Editorial: M Editora (20/03/2020)

Calificación promedio : 5/5 (sobre 1 calificaciones)
Resumen:
Nesta nova entrega de Alberte Momán fálase da terra de ninguén, un espazo de individualización, de emancipación fronte ao corpiño social e familiar que condiciona os actos da protagonista. Pero, ao mesmo tempo, fálase da terra queimada, de como ese mesmo elemento que a cingue e a constrinxe vai minando a súa capacidade para ser dona da propia existencia. A violencia estrutural é a peza sobre a que se alicerza a trama e que explica a evolución persoal da protagonista... >Voir plus
Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro
Críticas, Reseñas y Opiniones (1) Añadir una crítica
albertemoman
 08 April 2021

Terra Nullius (MEditora. 2020) é un libro que se centra na violencia estrutural e nas consecuencias desta no individuo que a padece. Trátase, ao mesmo tempo, dun libro sobre a soidade e o illamento como mecanismo reparador dunha relación hostil entre o mundo e o ser. Un personaxe principal que experimenta un proceso de individualización, concepto recollido das obras de Erich Fromm, para emanciparse do poder que exerce, inicialmente, a familia e, con posterioridade, o entorno social no que se desenvolve. Neste sentido, facendo referencia ás dúas partes nas que se divide o texto, pásase da Terra Nullius, Terra de Ninguén, (consecución de certa independencia) á Terra Queimada (a soidade e frustración vital consecuencia desa mesma individualización ou emancipación).
Todos estes conflitos son descritos cun minimalismo expresivo que os describe coa intención de universalizalos, evitando o sensacionalismo propio de escenas prolongadas artificialmente, que coutan a dimensión ampla das emocións descritas e que, ao final, non serían outra cousa máis que momentos dun anecdotario persoal. A modo de exemplo, o conflito intrafamiliar descríbese por medio dunha secuencia na que, desamparada e soa, a protagonista procura entre os contactos do seu teléfono unha persoa coa que falar, detense no número da súa nai e, despois dun tempo de reflexión, decide non pulsar o botón de chamada. Este é un dos instantes nos que se describe o conflito existente entre a protagonista e os seus proxenitores. Segundo transcorre o texto, vanse aportando máis detalles dese conflito, pero sen chegar nunca a desenvolvelo por completo. Aportar pouca información intencionadamente busca que sexa a persoa que se achega ao relato quen imaxine ou dea forma a ese conflito utilizando como base a súa propia experiencia.
Estamos diante dun texto incómodo, que busca na súa brevidade e no estilo dinámico alixeirar a lectura, procurando que quede sempre un pouso sobre o que volver co tempo, incitando á reflexión.

Enlace: https://sensilencios.blogspo..
+ Leer más
Comentar  Me gusta         00
Citas y frases (1) Añadir cita
albertemomanalbertemoman16 April 2021
“Veño de definir as fronteiras do meu corpo. Veño de marcar a liña que nunca ninguén deberá sobrepasar. Esta botella e máis eu formamos parte do mesmo corpo. Nunca se che ocorrería beber dela sen o meu consentimento”.
Comentar  Me gusta         00
Libros más populares de la semana Ver más
Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro


Lectores (1) Ver más




Test Ver más

¿Autor o autora?

La edad de la inocencia

autor
autora

14 preguntas
70 lectores participarón
Crear un test sobre este libro