InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest
ISBN : 8494951742
102 páginas
Editorial: Belagua Ediciones (15/09/2019)

Calificación promedio : 5/5 (sobre 1 calificaciones)
Resumen:
1 [14] 1 é un libro de poemas ficción que se aproximan ao concepto de exilio, entendido este dende unha perspectiva máis ampla que a simple expatriación. Fálase de persoas exiliadas na súa propia terra, das apartadas, censuradas, descontextualizadas, discriminadas.

1 [14] 1 é tamén unha historia de amor que transcorre nun entorno hostil. Trátase dunha prosa poética que pretende dar un paso adiante para unificar os xéneros líric... >Voir plus
Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro
Críticas, Reseñas y Opiniones (1) Añadir una crítica
albertemoman
 09 April 2021
Para contextualizar 1 [14]1, debo remontarme ao ano 2012, concretamente á saída do prelo de Vattene!, unha micronovela distópica coa que comezaba a perfilar as bases dunha narrativa fantástica moi persoal. Inmerso na teima de revelar o que de distópico ten a sociedade actual, fixen evolucionar toda a escrita cara a esa liña específica. Dese xeito xurdiu toda a Triloxía Vattene!, O legado extraterrestre, Bosquexos para unha distopía, Lapamán, Ocidente e Barata minha barata.

Por outra banda, xa case dende o comezo da miña traxectoria dentro da escrita, teño a vontade de eliminar as diferenzas entre a lírica e a prosa, utilizando diferentes fórmulas que crean unha poesía moito máis discursiva, de lectura rápida e de fácil comprensión, aínda que dotada de diferentes estratos no discurso que enriquecen a lectura e posibilitan diferentes interpretacións.

Como culminación, até o momento, de todo ese proceso evolutivo escribín este libro de poemas. Trátase de textos en prosa poética que pretenden dar unha imaxe ampla do concepto do exilio, visto dende un punto de vista moito máis amplo do que a simple expatriación. O exilio que crea colectividades dentro da colectividade, polo tanto, falo dun exilio que censura, que discrimina, que exclúe. Todo isto vinculado a unha historia de amor, de dúas persoas que se atopan por casualidade nun lugar dunha galaxia distante. Os motivos para a exclusión son moitos, dende os conflitos lingüísticos, diferenzas de clase, non pertenza a un canon estético ou de calquera outra índole. En concreto, dende o punto de vista das relacións entre clases, a subdivisión da colectividade fai que se constrúan, artificialmente, diferentes estamentos dentro dunha mesma clase, debilitando, como consecuencia, a forza do propio colectivo. A soidade, unha constante na miña obra, é un tema que se trata, neste caso, dende a perspectiva das persoas que acoden a un lugar, despois de viaxar por diferentes galaxias, nun tránsito constante na procura de contacto, como consecuencia dunha necesidade inherente aos seres sociais de pertenza a un grupo, ben para conseguir un ansiado contacto carnal ou ben para sentirse protexidos dunha figura ambigua que aparece durante todo o texto baixo a denominación de o vós ou os outros.

O poder é outro concepto moi presente no texto. Aquel que, segundo esgrimía Foucault, perpetúase grazas ao silencio. A ruptura dese silencio, descrita na segunda parte do libro, é a que incomoda e ese vós indefinido que pretende manter o statu quo, exercendo o poder, ou converténdose nese poder. A ruptura do silencio non é necesariamente unha actividade revolucionaria, aínda que o sexa sen que exista a pretensión, do mesmo xeito que ese vós ou ese outros non é plenamente consciente de estar exercendo un poder, subdividindo a clase, que mesmo os somete e os aliena.

Todas estas son ideas que se bosquexan no libro, buscando unha forma de reflexión colectiva que constrúa o final da historia, ou camiños diferentes cara a finais posibles.

O libro achega un extenso prólogo de Henrique Dacosta que repasa as principais obras da miña poesía, axudando a definir toda a traxectoria poética.
Enlace: https://revistaorballo.com/2..
+ Leer más
Comentar  Me gusta         10
Citas y frases (2) Añadir cita
albertemomanalbertemoman16 April 2021
“Recoñezo os rostros daqueles que desconfiaran de nós

por non asumirmos as súas mesmas ambicións. Eles son

os outros. Unha referencia vaga, ambigua, unha forma

de describir esoutras fronteiras que nos posicionan. Xa

non lembro quen designara primeiro a nosa situación.

non recordo quen puxera nome á exclusión e con que

propósito”.
Comentar  Me gusta         00
albertemomanalbertemoman16 April 2021
“O exilio como segredo normalizado e normativizado.

Desaprender é, tamén, loitar contra o silencio”.
Comentar  Me gusta         00
Libros más populares de la semana Ver más
Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro


Lectores (1) Ver más




Test Ver más

Del libro a la gran pantalla

¿En qué año realizó Kubrick la adaptación de "Lolita" de Vladimir Navokov?

1967
1970
1962
1965

9 preguntas
62 lectores participarón
Crear un test sobre este libro