InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest
>

Crítica de Beavazquez_


Beavazquez_
13 April 2022
[GAL] En 2019 Diana López Varela publicou este libro e que en canto o vin souben que necesitaba lelo, porque se ben ela fala en xeral da barreira mental e social que son os 30 anos para a maternidade, a verdade é que eu con 24-25 xa estaba máis que cansa de dar explicacións de por que non me apetecía ter fillxs. E intuía que a través destas páxinas podía sentirme moi comprendida.

Pero a verdade é que "Maternofobia" foi moitísimo máis enriquecedor incluso do que mo esperaba. Diana comeza falándonos da súa propia experiencia ao someterse a unha interrupción voluntaria do embarazo (IVE), o cal a min persoalmente púxome terriblemente triste e furiosa a un tempo ao ver como nos menosprecia o sistema sanitario (e certxs "profesionais"), infantilizándonos, tratándonos de irresponsables e obviando información que penso que nun momento así pode ser fundamental. Posteriormente atopamos tamén os testimonios de varias mulleres máis que atravesaron este proceso e que compartiron as súas historias con ela. Experiencias moi diversas entre si, a verdade, que non fan máis que exemplificar a realidade: as circunstancias que levan a unha muller a someterse a unha IVE son múltiples e variadas e ningunha delas (de nós) debe ser xulgada por iso. A verdade é que o libro comeza forte, pero penso que esta primeira parte pode ser de gran axuda para que outras mulleres que pasen por este tipo de situacións sintan que non están soas e que é algo que sucede máis a miúdo do que pensamos.
E creo de verdade que como sociedade é un tabú co que deberiamos rachar para quitarlle un peso de enriba a moitas mulleres.

Ademais disto, Diana analiza ao longo dos capítulos seguintes algunhas cuestións moi interesantes. Non me quero estender demasiado, porque podería emocionarme moito falando deste libro, pero de maneira moi resumida, algúns dos temas que trata son as razóns que levan ás mulleres a non ser nais ou a aprazalo ata chegar case ao noso límite de período fértil, por que ao patriarcado lle vén ben enfrontar a nais e non nais e incluso nos conta cal é a postura con respecto á paternidade dos homes do seu entorno máis próximo.

Quizais o que máis me chamou a atención foi ver como practicamente todas as persoas que contan a súa testemuña no libro pensan na maternidade (ou paternidade) case exclusivamente dende un punto de vista biolóxico. Sei que como animais que somos ten a súa razón de ser nun instinto de perpetuar a especie, pero a verdade é que non deixa de parecerme canto menos salientable que haxa tantísima xente que apenas valora outras alternativas á hora de ter crianzas. Obviamente isto non é unha crítica cara ninguén, agardo que non se me malinterprete. É unha reflexión miña sen máis.

[CAS] En 2019 Diana López Varela publicá este libro y que en cuánto lo vi supe que necesitaba leerlo, porque si bien ella habla en general de la barrera mental y social que son los 30 años para la maternidad, la verdad es que yo con 24-25 ya estaba más que cansada de dar explicaciones de por qué no me apetecía tener hijxs. E intuía que a través de estas páginas podía sentirme muy comprendida.

Pero la verdad es que "Maternofobia" fue muchísimo más enriquecedor incluso de lo que me esperaba. Diana comienza hablándonos de su propia experiencia al someterse a una interrupción voluntaria del embarazo (IVE), lo cual a mí persoalmente me puso terriblemente triste y furiosa a un tiempo al ver cómo nos menosprecia el sistema sanitario (y ciertxs "profesionales"), infantilizándonos, tratándonos de irresponsables y obviando información que pienso que en un momento así puede ser fundamental. Posteriormente encontramos también los testimonios de varias mujeres más que atravesaron este proceso y que compartieron sus historias con ella. Experiencias muy diversas entre sí, la verdad, que no hacen más que ejemplificar la realidad: las circunstancias que llevan a una mujer a someterse a una IVE son múltiples y variadas y ninguna de ellas (de nosotras) debe ser juzgada por eso. La verdad es que el libro comienza fuerte, pero pienso que esta primera parte puede ser de gran ayuda para que otras mujeres que pasen por este tipo de situaciones sientan que no están solas y que es algo que sucede más a menudo de lo que pensamos.
Y creo de verdad que como sociedad es un tabú con el que deberíamos romper para quitarle un peso de encima a muchas mujeres.

Además de esto, Diana analiza a lo largo de los capítulos siguientes algunas cuestiones muy interesantes. No me quiero extender demasiado, porque podría emocionarme mucho hablando de este libro, pero de manera muy resumida, algunos de los temas que trata son las razones que llevan a las mujeres a no ser madres o a aplazarlo hasta llegar casi a nuestro límite de periodo fértil, por qué al patriarcado le viene bien enfrentar a madres y no madres e incluso nos cuenta cuál es la postura con respecto a la paternidad de los homes de su entorno más próximo.

Quizás lo que más me llamó la atención fue ver cómo prácticamente todas las persoas que cuentan su testimonio en el libro piensan en la maternidad (o paternidad) casi exclusivamente desde un punto de vista biológico. Sé que como animales que somos tiene su razón de ser en un instinto de perpetuar la especie, pero la verdade es que no deja de parecerme cuanto menos salientable que haya tantísima gente que apenas valora otras alternativas a la hora de tener hijas ou hijos. Obviamente esto no es una crítica hacia nadie, espero que no se me malinterprete. Es una reflexión mía sin más.
Comentar  Me gusta         10



Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro
Apreciaron esta crítica ()(1)ver más