Quemar la casa", un manifesto contra a vínculo pai-filla , contra o corpo e contra a palabra. Losada fai tanxible esa dor a través da escritura en tres intensos capítulos, rompendo coa política e cultura do silencio que fai dela unha "res inmóvil de mejillas ardientes niña domada diseccionada". . Lara quere que coñezamos a súa ferida, que sepamos a forma na que está atrapada e que cando percibamos toda esa tristeza digamos " este cuadro es negro es pesado y está frío". . Unha casa é unha construcción pechada disposta a habitarse e cando a casa non é un lugar seguro sucede a violencia. En España mais do 25% das crianzas son maltratadas por parte de coidadores principais é dicir, que o maltrato sucede dentro do fogar; un lugar que debera ser refuxio. Durante o confinamento as estadísticas son abrumadoras e o que para algunhas crianzas e familias "quédate en casa" foi un privilexio, para outras foi o mais absoluto dos infernos. A institucionalización familiar é unha trampa socio-política e cultural. . A miña casa sempre foi un lugar seguro e non podo imaxinalo de outra forma. Podo chegar a sentir entón rexeitamento deste privilexio? Me pregunto. Como podo sentir esta dor si non me pertenece? . Este poemario sucede á novela Un poco de tu leche, o primeiro contacto que tuven coa escritura de Lara. Ainda que incomparables, a voz poética que utiliza é honesta, sin adornos e non fai beleza dunha situación que non o é. "Me gustaría decirte que tú fuiste el golpe separada desde entonces del impulso primario, negada al afecto. Existo refugiada en la angustia de las no amadas las no válidas" Podo definir a Lara como "la chica con una cerilla y un bidón de gasolina" disposta a facer saltar todo polos aires, a queimar a casa e convertir esta pesadez en cinzas. Si non coñecedes a @laralosadaa , aquí tedes un preámbulo para facelo. + Leer más |