InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest
>

Crítica de Iriagi


Iriagi
28 June 2022
Pensa nesa persoa na que confías, que sabe de ti, que che abre os ollos cando ti nom eres capaz de visualizar. Si? Estás pensando nela?
rupi kaur é esa amiga capaz de acompañarte en todas esas verdades incómodas nunha tarde fría de inverno.

Aviso de contido, miel y leche fala de abuso sexual e pérdida a través dunha viaxe collida da man. A feminidade, a curación e o amor propio tamén forman parte desta travesía.
A súa poesía é amarga, directa. O trauma exponse sen edulcorantes, nin metáforas. A dureza da prosa engancha porque a noto tanxible. Todo iso encántame de rupi, porque escribe sobre as dores que algunha vez toda muller puidemos transitar.
En orde cronolóxica, este é o seu primeiro poemario. Podedes atopalo en castelán como "Otras maneras de usar la boca". 
.
Como curiosidade, a autora non utiliza signos de puntuación nos seus poemarios, baseándose no sistema escrito da lingua Gurmují (India) , en honor á súa cultura orixinaria
Comentar  Me gusta         00



Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro