InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest
>

Crítica de Beavazquez_


Beavazquez_
02 January 2022
[GAL]
Creo que unha das cousas que máis me gustou de Rosa Jové é que non lle intenta vender a moto a ninguén, senón máis ben ao contrario. Neste libro explica de maneira moi sinxela como é o sono infantil e cal é o seu desenvolvemento habitual, fala dalgúns trastornos comúns, dá algúns indicadores a modo de guía para que as familias consulten a especialistas en caso de que as súas crianzas os presenten, dá unhas pautas moi respectuosas para intentar axudar ás familias a mellorar o sono das súas crianzas pero respectando os seus procesos naturais e desmonta todos eses métodos que certos "expertos" levan anos intentando vendernos que, ademais de ser fume, son moi prexudiciais para os bebés. Non vou negar que esta parte é a que máis me gustou, porque ademais de fundamentalo cientificamente, Rosa é tremendamente irónica nas súas críticas e para min foi unha gozada lela.

A min a verdade é que me serviu para aprender bastante sobre o sono infantil, xa que era un tema bastante descoñecido para min que na carreira só abordamos de maneira moi superficial.

Encantoume ver como Rosa insiste unha e outra vez ao longo do libro en que se trata dun proceso evolutivo que non podemos forzar e, sobre todo, que remarque que ante calquera dúbida o que hai que facer é acudir a unha consulta médica e non fiarse simplemente do que di un libro. Que quizais a alguén lle parece moi básico isto que digo, pero hoxe en día que todo o mundo se considera experto de todo, paréceme moi importante remarcalo e, sobre todo, paréceme marabilloso que sexa a propia autora a que diga que a súa obra non é a panacea.

[CAS]
Creo que una de las cosas que más me gustó de Rosa Jové es que no le intenta vender la moto a nadie, sino más bien al contrario. En este libro explica de manera muy sencilla cómo es el sueño infantil y cuál es su desarrollo habitual, habla de algunos trastornos comunes, da algunos indicadores a modo de guía para que las familias consulten a especialistas en caso de que sus hijos e hijas los presenten, da unas pautas muy respetuosas para intentar ayudar a las familias a mejorar el sueño de sus criaturas pero respetando sus procesos naturales y desmonta todos esos métodos que ciertos "expertos" llevan años intentando vendernos que, además de ser humo, son muy perjudiciales para los bebés. No voy a negar que esta parte es la que más me gustó, porque además de fundamentarlo científicamente, Rosa es tremendamente irónica en sus críticas y para mí fue una gozada leerla.

A mí la verdad es que me sirvió para aprender bastante sobre el sueño infantil, ya que era un tema bastante desconocido para mí que en la carrera solo abordamos de manera muy superficial.

Me encantó ver cómo Rosa insiste una y otra vez a lo largo del libro en que se trata de un proceso evolutivo que no podemos forzar y, sobre todo, que remarque que ante cualquier duda lo que hay que hacer es acudir a una consulta médica y no fiarse simplemente de lo que dice un libro. Que quizás a alguien le parezca muy básico esto que digo, pero hoy en día que todo el mundo se considera experto de todo, me parece muy importante remarcarlo y, sobre todo, me parece maravilloso que sea la propia autora la que diga que su obra no es la panacea.
Comentar  Me gusta         00



Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro