InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest
>

Crítica de Beavazquez_


Beavazquez_
16 January 2023
[GAL] As persoas que habitaban a illa de Lummerland vivían moi tranquilas ata que un día chega un paquete cun neno ao que deciden chamar Jim Botón. A chegada deste novo habitante supón un pequeno inconveniente nesta diminuta illa, polo que Lucas o maquinista emprenderá unha viaxe coa súa locomotora Emma e con Jim Botón para buscar unha solución. Ao longo do libro acompañaremos aos dous amigos nas súas aventuras e desventuras ao longo de terras verdadeiramente fantásticas e coñeceremos a personaxes realmente entrañables.

Agora ben, se son totalmente sinceira agardaba outra cousa deste libro. Entendo que foi publicado por primeira vez en 1960 e que daquela seguramente a mentalidade era outra, pero dende o primeiro momento comezaron a chirriarme moitas cousas. Jim é un neno negro e hai varios comentarios sobre a súa cor de pel que penso que sobran completamente, como que non consideraba preciso lavarse porque era tan negro que non se lle vía a suciedade. Buscando pola rede vin que #MichaelEnde, con esta obra, tratou de facer unha crítica ao nazismo e ao colonialismo e Jim Botón representaría a unha persoa exótica pero que neste caso é aceptada e querida polo pobo que a recibe. Porén, sigo pensando que en certos momentos fállanlle as formas. Ademais, sobran tamén exemplos de comentarios despectivos cara as mulleres que xa nin vou citar.

En resumo, que para ser un libro recomendado por unha profesora universitaria agardaba algo completamente diferente, xa que dende logo en pleno século XXI non me gustaría que unha crianza lese este libro se non ten preto a alguén que lle axude a analizalo de maneira crítica.

[CAS] Las personas que habitaban la isla de Lummerland vivían muy tranquilas hasta que un día llega un paquete con un niño al que deciden llamar Jim Botón. La llegada de este nuevo habitante supone un pequeño inconveniente en esta diminuta isla, por lo que Lucas el maquinista emprenderá un viaje con su locomotora Emma y con Jim Botón para buscar una solución. A lo largo del libro acompañaremos a los dos amigos en sus aventuras y desventuras a lo largo de tierras verdaderamente fantásticas y conoceremos a personajes realmente entrañables.

Ahora bien, si soy totalmente sincera esperaba otra cosa de este libro. Entiendo que fue publicado por primera vez en 1960 y que de aquella seguramente la mentalidad era otra, pero desde el primer momento comenzaron a chirriarme muchas cosas. Jim es un niño negro y hay varios comentarios sobre su color de piel que pienso que sobran completamente, como que no consideraba preciso lavarse porque era tan negro que no se le veía la suciedad. Buscando por la red vi que Michael Ende, con esta obra, trató de hacer una crítica al nazismo y al colonialismo y Jim Botón representaría a una persoa exótica pero que en este caso es aceptada y querida por el pueblo que la recibe. Sin embargo, sigo pensando que en ciertos momentos le fallan las formas. Además, sobran también ejemplos de comentarios despectivos hacia las mujeres que ya ni voy a citar.

En resumen, que para ser un libro recomendado por una profesora universitaria esperaba algo completamente diferente, ya que desde luego en pleno siglo XXI no me gustaría que un niña o un niño leyese este libro si no tiene cerca a alguien que le ayude a analizarlo de manera crítica.
Comentar  Me gusta         30



Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro
Apreciaron esta crítica ()(3)ver más