InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest
>

Crítica de Iriagi


Iriagi
23 February 2022
Ser musulman implica ser mais machista? Fai un tempo que me fixeron esta pregunta a nivel persoal.
O machismo e as violencias non entenden de niveles ou de grados, tes actitudes machistas e violentas ou non as tes. Tampouco entende de clases sociais: aparece na dereita e na esquerda, na relixión e no laicismo.
.
.
Todas as mulleres sufrimos violencias, porque a misoxínia é global, os sistemas de opresión poden ser diferentes pero a finalidade é a mesma, o dominio sobre nós e os nosos corpos.
"La violencia de género es una lacra global y evidentamente no es un problema exclusivo de Oriente Medio y el norte de África. Durante mucho tiempo, las mujeres de todo el mundo han sido golpeadas y asesinadas prácticamente con total impunidad. Pero, mientras muchos países han dado pasos de gigante para combatir la violencia de género, las mujeres continúan desprotegidas hasta límites insospechados en todo el mundo árabe debido a la misma combinación tóxica y conservadora de cultura, religión y política"

Mona Eltahawy escribe El himen y el hiyab, unha verdadeira mina de información. Un libro ameno aínda que conta cunha cantidade inmensa de nomes propios, porcentaxes, datas... que me resultaron un pouco liosas, pero porque non son de memorizar basicamente. . 
Non obstante, estamos ante un ensaio feminista islámico con tintes autobiográficos. Eltahawy escribe sobre a mutilación xenital femenina, violacións, matrimonio infantil, crímenes de honor, hiyab e nicab, himen, virxinidade, dereitos e libertades das mulleres en Oriente medio (con rigurosodade e ben argumentado) ; xa que despois da Primavera Árabe, as mulleres tiveron que enfrontarse a dúas revolucións: unha xunto aos homes contra un réxime opresivo e outra contra un sistema político represivo para as mulleres. "Cada mañana, antes de salir de casa, me sujeto el pañuelo con alfileres. Esos alfileres son mis armas contra vuestras manos en el transporte público y en la calle" .
.
Este libro para algunhas persoas pode ser unha xustificación da islamofobia dende un peligroso paternalismo occidental; pero non se trata de relixión, trátase de misoxinia.
Comentar  Me gusta         00



Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro