![]() |
Hai libros que non son puntuables para que decidas si leelo ou non. Aqueles necesarios e imprescindibles. Moi poderosos. Un deles é este. Estou lonxe de facer un resumo, unha sinopse ou unha reseña sobre esta lectura. Porque non o necesita, tampouco me vexo capacitada, creo. Hoxe solo veño a dicir que DEBES leer este libro, por compromiso social. Bueno, en realidade sí vou falar un pouquiño del, vale? Reni Eddo-Lodge é periodista e escritora Británica e aquí fala sobre o racismo estrutural - sistémico e do pasado colonial do Reino Unido, dende a perspectiva interseccional (raza-clase- xénero). A autora pon de manifesto a historia negra británica mentras esta "languidece por falta de oxígeno" . Nom é casual que a historia colonial racista se globalizase aos EEUU, á par que Inglaterra carece de contexto. . Outro dos conceptos clave deste libro é o PRIVILEXIO BRANCO, e como esta ausencia de, nos sitúa (como persoas brancas) no lado opresor e polo tanto nunha posición de poder con respecto as persoas negras, latinas, asiáticas. Entendelo, coñecer de que maneira opera é básico para saber como utilizalo. "El privilegio blanco es una de las razones por las que dejé de hablar con blancos de racismo. No me apetecía enfrentarme a más rostros petreos llenos de incredulidad. El concepto de privilegio blanco obliga a las personas blancas que no son activamente racistas a enfrentarse al hecho de que son en parte cómplices de que exista" |