InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest
ISBN : 8411100863
140 páginas
Editorial: Edicións Xerais (10/03/2022)

Calificación promedio : 4.5/5 (sobre 10 calificaciones)
Resumen:
A morte por sucidio nunha novela que fala, por riba de todo, da supervivencia.


A morte por suicidio de Rosa acontece unha mañá de outono, mentres o seu home está no traballo e os seus fillos adolescentes acoden ao instituto como un día calquera. Na súa ausencia, as voces das persoas que a querían contan quen era. O papel que cada unha delas xoga na vida de Rosa, as contradicións íntimas e os diferentes xeitos de afrontar a dor, a culpa e o est... >Voir plus
Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro
Críticas, Reseñas y Opiniones (8) Ver más Añadir una crítica
efimerabonhomia
 28 February 2023
Un aloumiño da persona que máis te quere do mundo non pode facer que a túa vida se encha de novo de esperanza. Un agarimo doce tampouco fai que te esquezas de que o significado da existencia non ten sentido.

Un elefante na sala de estar é un relato coral onde unha familia relata a pérdida por un suicidio. A partires de capítulos cortos e cheos de signos chegan ao lector para comunicarlles como se pode pasar o dó ao perder a unha persona que pensabas que ía seguir respirando ao teu carón.

Non é sinxelo entender porqué alguén decide irse, e máis se ten unha familia que o rodea ou unha vida que aparentemente está ben. Visto dende fóra todo parece máis bonito sempre. No libro atopamos un relato que che encolle o corazón e que fai imposible non poñerse na pel de cada un dos personaxes, a persona que xa non está é debuxada con faciliadade polas anéctodas que os que a rodearon teñen, iso fai que sexa máis real e tanxible o sentimento que os acompaña. Porque todos temos un algúen que xa non está, por unhas circunstancias ou outras.

Ler a Berta Dávila pra min sempre significa un exercicio de profundidade, de navegan en min mesma para saber o que esas páxinas poden denotar no meu interior. É unha autora que fai que te abras ao mundo que agochamos todos dentro.

Unha persona é o que representa, pero tamén todos esos recordos que teñen dela cando xa non está, polo tanto, sempre queda viva.
+ Leer más
Comentar  Me gusta         40
Iriagi
 01 August 2022

Un elefante na sala de estar fala de suicidio, sí, iso nom é ningún segredo.
Dávila utiliza unha mirada poliédrica para falarnos de Rosa, profesora de instituto, quen decide rematar coa súa vida. 
O interesante é a construcción narrativa a conta da familia e amizades de Rosa, de aí que mencione esa lectura caleidoscópica. As distintas personaxes van conformando a historia de duelo, de como era Rosa antes do seu suicidio, da relación que tiñan con ela.
.
A historia de duelo é persoal e intransferible, a magnitude da dor varía, pero en todas atopamos un común denominador: sentimentos de culpa. Culpa porque consideran que podían ter feito algo por Rosa, porque non superon ver "indicios" de que algo estaba "tan mal" sucedendo dentro dela. Porqué? Silencios
Así descubre Alicia (filla da protagonista desta historia) a través da súa psicóloga que non existe un porqué, que hai moitos factores que inflúen e interactúan entre eles para que unha persoa decida poñer fin ao seu reloxo. 
Falo de Alicia porque para min é unha das persoaxes por excelencia. Unha rapaza de dezaseis anos cunhas reflexións e unha introspección moi sanadora. Agradecida.
.
Dávila non só pon sobre a mesa unha tematica tabú, tamén sube á palestra a depresión e a normalización de acudir a terapia.
Como non se menciona na sinopse, tampouco nas reseñas que falan desta obra, véxome na necesidade de facervos aviso de contido. Relátase un suceso de abuso s3xual a menores. O comento porque para min foi un choque cando cheguei  a esa parte, e creo necesario comentarvos co que vos ides atopar.
.
Segundo o INE, o suicidio é a principal causa de morte "externa",  en españa. En Europa é o principal problema de saúde pública. Pero, non estamos Obviando que se trata dunha problemática social? Non reduzcamos o suicidio a unha cuestión meramente individual, porque non o é. O suicidio é unha cuestión de estado e o estado é un lugar enfermo.
Falemos dese elefante na sala de estar. Ti tamén o ves, verdade?
+ Leer más
Comentar  Me gusta         10
lectoragallega
 10 September 2022

Esta novela xuvenil, deuxoume abraiada, lina deseguida.

Trata o suicidio de Rosa pero a través dos demais.

Familia e amigos van contando o que sinten a través das páxinas.

Fainos ver cómo ir ó psiquiatra non é nada malo, que o temos, que ver como outra enfermidade calquera cono ir a outra consulta calquera.

Deixa o corazón roto pois cando os fillos falan, sintes esa dor, e quiza a min persoalmente noteino moito mais pois perdin a miña nai de nena e podo compartir esos sentimentos.

Recomendoos ler ista novela e maravillosa como berta nos describe en cada páxina.

Empaticei moito con Alicia (ese tés que ser forte, oino moito) e sentime como alguns dos protagonistas da historia.

en redes soy
Instagram: lectoragallega
Facebook: lectoragallega Xan
goodreads: lectoragallega
tik tok lectoragallega
Comentar  Me gusta         00
TamaraUp
 05 December 2023
Un elenfante en la sala de estar es una historia narrada desde diferentes vivencias. Es así porque hablan varias personas protagonistas de diferente edad, género, etc pero las cuales comparten algo: un suceso traumático y como afrontarlo.
Dando clara importancia a la salud mental, bienestar emocional y acompañamiento al duelo ante un suceso que no te dejará indiferente. Además, temas transversales como los cuidados, la familia y la protección al menor harán que este libro sea un acierto para leer y recomendar.

Si trabajas de terapeuta, guía emocional, en sistema de menores o educativo es un buen libro para trabajar sus temáticas.
Comentar  Me gusta         10
Chuspaixonporler
 18 April 2023
Esta é unha novela dirixida a un público xuvenil polo que o tema que aborda faino con moita delicadeza, pero que creo que é necesario para poder falalo cos rapaces porque está a orde do día e esta historia pode ser unha boa excusa para facerlo.
▪︎
Tamén denuncia os problemas da saúde mental e os prexuízos que ainda existen e cómo non lle da a importancia que merece a algo que calquera de nos podemos sufrir nalgún momento da vida.
▪︎
Todo comenza polo suicidio de Rosa, que vai cambiar e afectar a todos os que forman parte da vila dela.
▪︎
Cada capítulo ten a perspectiva de cada un das persoas que formaban parte de día a día de Rosa: o marido, os fillos, a nai, una amiga,... de xeito que vemos como se sinte cada un co seu falecemento, qué pensa sobre o que sucedeu ou que lle puido pasar para acabar así. E sobre todo, se estivo na súa man facer algo para evitalo.
▪︎
Para mín os testemuños máis duros son os dos fillos e o marido. Non só por cómo se senten dende a perda da súa nai senon porque tamén observan que a partir dese momento o trato hacia eles é diferente, a xente non sabe qué dicirlles e senten que están a falar as súas costas sobre todo por cómo morreu Rosa algo que a eles mesmos lles costa decir. Non poden evitar os sentimentos de pérda pero tamén os de culpa por non velo a tempo.
▪︎
Ademáis da narrativa e o estilo empregado pola autora destaco a descrición dos sentimentos e as emociónns das personaxes, es perfectamente capaz de poñerte na súa pel polo que é inevitable soltar algunha bágoa.
Enlace: https://www.instagram.com/p/..
+ Leer más
Comentar  Me gusta         10
Citas y frases (2) Añadir cita
LeyendoBajoElArcoirisLeyendoBajoElArcoiris29 May 2023
Agora paréceme moi absurda toda esa cuestión de facer plans para o futuro, de confiar en que algo mellor haberá de chegar e en que aquilo que agarda por ti é sempre máis importante ou máis bonito que o que xa tes.
Comentar  Me gusta         20
LeyendoBajoElArcoirisLeyendoBajoElArcoiris01 June 2023
Xa non me doen os recordos, creo que me fan ben. Paréceme que son lugares felices onde podo pasar un pouco de tempo cada vez que preciso sentirme tranquila.
Comentar  Me gusta         00
Libros más populares de la semana Ver más
Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro





Test Ver más

¿Autor o autora?

La edad de la inocencia

autor
autora

14 preguntas
23 lectores participarón
Crear un test sobre este libro
.._..