InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest
>

Crítica de efimerabonhomia


efimerabonhomia
28 February 2023
Un aloumiño da persona que máis te quere do mundo non pode facer que a túa vida se encha de novo de esperanza. Un agarimo doce tampouco fai que te esquezas de que o significado da existencia non ten sentido.

Un elefante na sala de estar é un relato coral onde unha familia relata a pérdida por un suicidio. A partires de capítulos cortos e cheos de signos chegan ao lector para comunicarlles como se pode pasar o dó ao perder a unha persona que pensabas que ía seguir respirando ao teu carón.

Non é sinxelo entender porqué alguén decide irse, e máis se ten unha familia que o rodea ou unha vida que aparentemente está ben. Visto dende fóra todo parece máis bonito sempre. No libro atopamos un relato que che encolle o corazón e que fai imposible non poñerse na pel de cada un dos personaxes, a persona que xa non está é debuxada con faciliadade polas anéctodas que os que a rodearon teñen, iso fai que sexa máis real e tanxible o sentimento que os acompaña. Porque todos temos un algúen que xa non está, por unhas circunstancias ou outras.

Ler a Berta Dávila pra min sempre significa un exercicio de profundidade, de navegan en min mesma para saber o que esas páxinas poden denotar no meu interior. É unha autora que fai que te abras ao mundo que agochamos todos dentro.

Unha persona é o que representa, pero tamén todos esos recordos que teñen dela cando xa non está, polo tanto, sempre queda viva.
Comentar  Me gusta         40



Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro
Apreciaron esta crítica ()(4)ver más